
O proxecto ten como obxectivo principal fomentar o benestar social e preservar o patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas dos Concellos de Vilaboa, Moaña e Cangas. A iniciativa está dirixida a mulleres, persoas mozas, persoas con Alzheimer e outras demencias, persoas con discapacidade e persoas que viven en zonas rurais, garantindo un enfoque inclusivo e interxeracional.
O traballo de reminiscencia é o eixo central do proxecto, promovendo actividades que rescaten e poñen en valor as vivencias e o legado cultural vinculado ao mar. Deste xeito, preténdese crear espazos de encontro nos que a memoria colectiva teña un papel fundamental, reforzando o sentimento de identidade e comunidade.
Entre as iniciativas máis salientables do proxecto destacan:
1. Posta en marcha dun programa de actividades para persoas maiores en Vilaboa: Trátase dunha iniciativa pioneira que permite desenvolver un modelo de atención sostible e replicable, integrado no novo centro sociocomunitario do Concello de Vilaboa. O proxecto busca dotar este espazo de contido e dinamizalo, creando un programa de actividades vinculado á cultura mariñeira. A través de obradoiros, encontros e iniciativas interxeracionais, fomentase o envellecemento activo, a socialización e a posta en valor da memoria colectiva do mar en Vilaboa.
2. Revalorización do papel das mulleres vinculadas ao mar: O proxecto busca dar visibilidade ao papel fundamental das mulleres na cultura mariñeira, a través de actividades que recollan as súas historias de vida e vivencias. Participan mulleres que comparten a súa conexión co mar, incluíndo aquelas que traballan en mundos altamente masculinizados, como nas cooperativas de armadores e nos institutos de investigación.
3. Espazos interxeracionais de aprendizaxe e xogo. XOGOS NA MARÉ:
Creanse espazos onde as crianzas poidan descubrir e experimentar xogos tradicionais relacionados co mar. Isto permite a transmisión de saberes e prácticas culturais entre xeracións, garantindo a continuidade destas tradicións.
4. Actividades de sensibilización ambiental sobre a conservación do mar e dos seus ecosistemas:O proxecto inclúe charlas e obradoiros sobre o impacto da contaminación mariña, a biodiversidade e as boas prácticas para protexer os ecosistemas costeiros.
5. Actividades culturais vinculadas ao mar:
100 anos das prazas de abastos: Representacións didácticas sobre a evolución das prazas e a súa importancia na sociedade, con especial atención ao patrimonio material e inmaterial.
As peixeiras da patela: Posta en valor do traballo das peixeiras nas parroquias de Cangas e Moaña, mediante representacións e actividades didácticas.
Os botiforas: Celebración de festas vinculadas aos traballos do mar, incorporando actividades gastronómicas e culturais.
6. Intervención nos centros de persoas con discapacidade: Organización de obradoiros de reminiscencia, charlas e saídas para achegar o mar ás persoas usuarias, fomentando o contacto coa natureza e a participación en actividades culturais relacionadas co patrimonio mariñeiro.
A finalidade do proxecto busca fortalecer os lazos comunitarios, mellorar o benestar das persoas en situación de vulnerabilidade e preservar a riqueza cultural das zonas costeiras, asegurando a súa transmisión ás futuras xeracións. O proxecto fomenta a conexión interxeracional e a valorización do patrimonio mariñeiro, creando espazos de encontro e participación para promover o sentido de identidade e comunidade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral: Fomentar o benestar social e preservar o patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas dos Concellos de Vilaboa, Moaña e Cangas.
Obxectivos específicos:
- Promover servizos de benestar social e atención ás persoas con discapacidade
- Preservar e transmitir o patrimonio cultural mariñeiro entre xeracións.
- Visibilizar o papel das mulleres na cultura do mar.
- Impulsar o envellecemento activo e a inclusión social a través do mar.
- Crear espazos interxeracionais de aprendizaxe e xogo.
- Dinamizar o territorio mediante actividades culturais e de sensibilización.
- Mellorar a eficiencia e difusión do proxecto a través das TIC.
- Promover a adaptación ao cambio climático mediante educación ambiental.
- Apoiar os produtos e entidades locais vinculadas ao mar.
- Organización de eventos locais para reforzar a comunidade e a súa identidade, promovendo a participación e o sentido de pertenza.
- Establecemento de alianzas na comunidade coa participación activa de 13 entidades en prol da sensibilización e protección do medioambiente.
- Aumento da participación na comunidade nas actividades de promoción do patrimonio marítimo, xerando unha maior conciencia sobre a súa importancia.
- Implementación de medidas que contribúan á adaptación da comunidade ao cambio climático, protexendo o seu territorio e recursos marítimos.
- Sensibilización sobre a importancia de protexer as zonas mariñeiras,
- Fomento da igualdade de xénero coa posta en valor da muller na cultura do mar.
- Mellora nas funcións cognitivas, físicas e funcionais das persoas destinatarias, contribuindo a súa calidade de vida. Redución dos síntomas psicopatolóxicos
- Aceptación e acollida do programa na comunidade, obtendo o 80% de satisfacción das persoas destinatarias.
1. ACTIVIDADES DE VALORIZACIÓN DOS PRODUTOS DO MAR
- Actividades nas prazas de abastos
2. ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN AMBIENTAL
- Charlas sobre o impacto da contaminación mariña
- Divulgación en confrarías
- Charlas sobre reciclaxe
- Xornadas de limpeza en praias e espazos costeiros
3. ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL
- Charlas para fomentar a revalorización do papel das mulleres no sector do mar
Actividades de dinamización do territorio:
- As peixeiras da Patela
- Xogos na Maré
- Os Botiforas do Mar
- Visitas aos estaleiros de Sueste
- Visita ao Museo Meirande para coñecer a historia da embarcación restaurada "Manuel"
4. OBRADOIROS TERAPÉUTICOS DE REMINISCENCIA
Sesións nas que, a través de relatos, fotografías, obxectos e sons do mar, as persoas dos centros compartirán lembranzas vencelladas á vida mariñeira, favorecendo a memoria e o benestar emocional. Ademais incluirase obradoiros de construción de enredos do mar con materias reciclados como espazos creativos.
OE4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o pat rimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
Obxectivo específico 4.2:Fomento do benestar social da comunidade do territorio
Actuación 4.2.1:Promoción de servizos de benestar social e atención ás persoas con discapacidades (PCD) no ámbito do territorio do GALP.
- Proxectos que promovan a inclusión laboral, social, cultural e recreativa de colectivos vulnerables.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


