Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

OS CAMIÑOS DO SAL: SALOIA

Posta en valor das salinas romanas do Agunchiero. Excavación, restauración, consolidación e apertura ao público das antigas salinas romanas situadas no lugar do Aguncheiro.

Datos xerais
Acrónimo: 
SALOIA
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Oia
Datos de interese: 
https://www.concellodeoia.es/
Perfil empresarial: 
Administración pública
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
11/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
32
Anualidades: 
2026-2027-2028
Data fin de execución: 
31/10/2028
Ámbito de aplicación: 

Concello de Oia

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
119.343,65€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
119.343,65€
Total axuda pública aprobada (€): 
112.183,03
% Subvención: 
94%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
78.528,12
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
33.654,91
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Obxectivo do proxecto é potenciar a consolidación de novas actividades e empresas, mellorando o atractivo turístico do territorio e promovendo un turismo sostible que fomente a creación de emprego de calidade e de carácter non estancional, a través da creación dun recurso patrimonial innovador de impacto internacional fundamentado no estudo, transferencia e posta en valor das paisaxes do sal. 

Mediante a posta en valor dos recursos patrimoniais ligados á explotación do mar na Antigüidade, o proxecto Camiños do Sal "Saloia", pretende fomentar o benestar social e o patrimonio como un recurso á vez económico, turístico e cultural. A creación dun novo recurso turístico innovador e de carácter exclusivo como son as salinas romanas contribuirá a protexer e revitalizar o patrimonio do territorio, xerando novas oportunidades de emprego que reforcen o crecemento económico inclusivo, o desenvolvemento social e a promoción dun turismo cultural sostible.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Resultados directos do proxecto:

1.- Creación de un recurso patrimonial sostible a partir da escavación, restauración e consolidación das salinas romanas do Aguncheiro.

2.- Creación de recursos divulgativos de carácter innovador para a promoción dun turismo de calidade.

3.- Integración das salinas romanas no proxecto de urbanización do Aguncheiro, nun diálogo entre presente e pasado que reforce o vencello co mar das comunidades locais.

4.- Promoción da senda litoral e do Camiño de Santiago como unha Ruta do Sal, que comprende ao seu paso as paisaxes do sal da Antigüidade que se extende pola costa atlántica, e que teñen no Aguncheiro o seu máximo expoñente.

Impacto agardado do proxecto:

1.- Desenvolvemento do sector turístico.

2.- Creación de novas oportunidades de negocio.

3.- Reforzo da cultura do mar e da identidade mariñeira.

4.- Creación de emprego.

5.- Apertura de negocios.

6.- Posbilidade de transferencia.

Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1: Excavación arqueolóxica en área das salinas romanas do Aguncheiro.

Actividade 2: Consolidación das estructuras .

Actividade 3: Deseño de plan de visita sinalizado e provisto de elementos expositivos.

Actividade 4: Divulgación a través dunha guía arqueolóxica.

Actividade 5: Creación de ilustracións de recreación histórica. Creación de ilustracións de personaxes realizando tarefas relacionadas coa produción do sal. Elaboración de recreacións das ferramentas e mecanismos empregados nas salinas romanas. Reconstrucción virtual en 3D das salinas romanas e do seu entorno natural próximo. 

Actividade 6: Implementación de un sistema de realidade virtual. Deseño de 2 vistas virtuais 360º que inclúen o deseño 3D de obxectos e personaxes levando a cabo actividades relacionadas co traballo nas salinas. Implementación dun sistema de acceso baseado en códigos QR para que o visitante teña acceso á Realidade Aumentada a través do seu teléfono móbil. Integración das vistas 360º con locución en 3 idiomas (galego, castelán e inglés). Desenvolvemento dunha web, accesible mediante un ou varios códigos QR, que permita visualizar varios vídeos.

Actividade 7: visitas guiadas ás excavacións. Durante a fase de traballo de escavación, limpeza e prospección arqueolóxica das salinas, establecerase un servizo de visitas guiadas que permitirá ao público achegarse ao proceso de investigación e ao traballo dos arqueólogos. Estas charlas realizaranse nun horario axeitado que facilite a conciliación familiar.

Actividade 8: Actividades de divulgación medioambiental. Charlas e rutas guiadas polos diferentes lugares relacionados coa explotación do sal que apararecen ao longo da costa de Oia. As rutas inclúen a posta en valor dos elementos que compoñen o ecosistema mariño da fronte costeira e amosan as pegadas do cambio climático.

Actividade 9: Actividade escolar nas salinas. Limpeza da fronte costeira da contorna das salinas do Aguncheiro contando con colexios públicos da zona, como medio para a concienciación ambiental. 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OE4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1 Fomento do patrimonio cultural material e inmaterial

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)