
Este proxecto ten como finalidade contribuír á preservación e transmisión do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro mediante a consolidación da práctica do remo tradicional no municipio de Narón. Para iso, contempla a adquisición dunha traiñeira tradicional de banco fixo, que permitirá mellorar as condicións de seguridade, rendemento e continuidade da actividade do Club de Remo Narón, servindo como soporte para o desenvolvemento de actividades deportivas, educativas, ambientais e de divulgación vinculadas á cultura marítima e ao sector pesqueiro. O proxecto desenvólvese en colaboración coa Confraría de Pescadores de Barallobre, favorecendo a transmisión do coñecemento tradicional, a sensibilización sobre a cultura marítimo-pesqueira e a promoción do produto pesqueiro local.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Contribuír á preservación e transmisión do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro mediante a consolidación da práctica do remo tradicional no municipio de Narón.
- Garantir a continuidade da actividade do Club de Remo Narón mediante a incorporación dunha traiñeira segura e operativa que mellore as condicións de uso e rendemento.
- Desenvolver actividades educativas e de sensibilización para dar a coñecer a cultura marítima, o patrimonio pesqueiro e o respecto polo medio mariño entre a poboación máis nova.
- Favorecer a renovación xeracional e incrementar a participación da mocidade na práctica do remo tradicional e na posta en valor do patrimonio marítimo-pesqueiro.
- Reforzar a colaboración co sector pesqueiro mediante accións de divulgación que contribúan á transmisión do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro.
- Incorporación dunha traiñeira tradicional de banco fixo que permitirá garantir a continuidade da práctica do remo tradicional en condicións axeitadas de seguridade e funcionamento.
- Dispoñibilidade dunha embarcación destinada ao desenvolvemento de actividades deportivas, educativas, ambientais e divulgativas orientadas á posta en valor do patrimonio marítimo-pesqueiro.
- Reforzo da colaboración co sector pesqueiro mediante o desenvolvemento de actuacións conxuntas coa Confraría de Pescadores de Barallobre para a divulgación da cultura marítimo-pesqueira, a transmisión do coñecemento tradicional e a promoción do produto pesqueiro local.
- Impulso á participación da mocidade e ao relevo xeracional a través da práctica do remo tradicional e do coñecemento do patrimonio marítimo-pesqueiro.
- Contribución á conservación e valorización do patrimonio cultural marítimo-pesqueiro do territorio mediante a difusión das tradicións e dos valores vinculados ao mar.
O proxecto articúlase arredor da adquisición dunha traiñeira tradicional de banco fixo destinada a reforzar a práctica do remo tradicional e a súa utilización como ferramenta de divulgación e valorización do patrimonio marítimo-pesqueiro.
- Adquisición dunha traiñeira tradicional de banco fixo para a práctica do remo tradicional.
- Utilización da embarcación no desenvolvemento de actividades deportivas e de iniciación ao remo tradicional dirixidas á mocidade.
- Realización de actividades educativas e de sensibilización sobre o patrimonio marítimo-pesqueiro e a cultura do mar.
- Desenvolvemento de accións de divulgación en colaboración coa Confraría de Pescadores de Barallobre, incluíndo a participación de profesionais do sector pesqueiro, a transmisión do coñecemento tradicional, a sensibilización sobre a cultura marítimo-pesqueira e a promoción do produto pesqueiro local.
Obxectivo 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
4.1. Lograr asentar a memoria cultural marítimo-pesqueira en todo o territorio.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

