
O proxecto consiste na creación e consolidación dun complexo turístico ecolóxico e de alta calidade no concello de Outes, integrado na paisaxe e respectuoso coa arquitectura tradicional e o patrimonio rural do contorno.A iniciativa aposta por un modelo de turismo consciente e sostible, orientado ao benestar físico e emocional das persoas usuarias e á posta en valor dos recursos naturais, culturais e paisaxísticos do territorio. Neste sentido, destaca a proximidade ao Camiño de Santiago Muros-Noia e a incorporación do ceo nocturno e da Vía Láctea como elementos diferenciadores da experiencia turística.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Mellora das iniciativas de turismo sustentable
2. Reforzar a activiades económica local e favorece a fixación de poboación.
3. Diversificación da oferta turística mediante servizos de alto valor engadido aliñados coa transformación ecolóxica, dixitale social do territorio.
4. Observatorio e interpretación do ceo nocturno
Espérase acadar unha elevada taxa de ocupación e incrementar a actividade turística no territorio, contribuíndo especialmente á desestacionalización da demanda. O proxecto pretende atraer visitantes durante todo o ano, aproveitando os recursos naturais, paisaxísticos e culturais do contorno e ofrecendo unha experiencia turística diferenciada e de calidade.
Así mesmo, prevese contribuír á xeración de actividade económica local, á valorización dos recursos do territorio e á consolidación dun modelo de turismo sostible, favorecendo a permanencia e a diversificación da actividade turística no concello de Outes.
1. Servizo de aloxamento ecolóxico
2. Venda ó por menor de productos do mar
3. Actividades de contacto coa natureza
4. Servizo de masaxe e spa
5. Actividades de observación guiada de estrelas
Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación.
2.4. Racionalización na oferta de aloxamento turístico e mellora da inclusión.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

