
O proxecto ten como finalidade a mellora e modernización dos procesos produtivos da empresa, dedicada á preparación, transformación, conxelación, envasado e almacenamento de produtos pesqueiros, principalmente peixes e cefalópodos. A través do investimento previsto, instalación dunha depuradora de augas residuais e unha máquina envasadora vertical, preténdese optimizar o funcionamento das instalacións e dos procesos de traballo, mellorar a eficiencia e a calidade do produto final e garantir o cumprimento dos requisitos ambientais e sanitarios aplicables á actividade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
1. Instalación da depuradora de augas residuais para garantir que os vertidos de augas residuais cumpran os parámetros establecidos pola normativa e reducindo a carga contaminante.
2. Instalación da máquina envasadora vertical reducir o consumo de materiais de envasadio e fomentar o emprego de materiais totalmente reciclables asi mo reducir os tempos de manipulacion e incrementar a capacidade produtiva e reducir os prazos de entrega
- Mellorar a eficiencia e produtividade do proceso de envasado mediante a súa automatización.
- Reducir o consumo de materiais de envasado e favorecer o uso de materiais totalmente reciclables.
- Optimizar os recursos e reducir custos, tanto en materiais como en necesidades de man de obra.
- Mellorar a calidade e presentación do produto final, reducindo os tempos de manipulación.
- Aumentar a capacidade produtiva e reducir os prazos de entrega.
- Incrementar a competitividade da empresa, avanzando cara a un proceso produtivo máis eficiente e sostible.
O proxecto contempla a mellora e modernización dos procesos da empresa mediante dúas liñas de actuación principais: a adecuación do sistema de tratamento das augas residuais e a modernización do proceso de envasado.
Estas actuacións permitirán mellorar a xestión ambiental da actividade, reducir o impacto dos vertidos e favorecer a loita contra o cambio climático, así como optimizar o proceso produtivo e de envasado, mediante o uso de materiais reciclables, o incremento da produtividade e a mellora das condicións de hixiene e seguridade alimentaria.
En conxunto, as actividades contribuirán a unha maior eficiencia e sustentabilidade da empresa, ao tempo que xeran beneficios para os traballadores, os consumidores e o medio ambiente.
Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca
1.2.1 Iniciativas de procesado e transformación de produtos do mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

