
O proxecto ten como finalidade mellorar a competitividade e capacidade de comercialización da empresa mediante a apertura de novos mercados internacionais, a mellora da loxística interna e a garantía da continuidade da actividade produtiva.
Para acadar estes obxectivos, prevese a obtención da certificación FDA, requisito necesario para a exportación dos produtos elaborados pola empresa aos mercados de Estados Unidos e Canadá para o cal realizaranse actuacións de auditoría e asesoramento, formación específica en materia de seguridade alimentaria, revisión dos requisitos nacionais de hixiene e seguridade alimentaria e validación dos produtos en planta.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellorar a comercialización dos nosos produtos do mar elaborados mediante novos canles de distribución internacionais (Estados Unidos e Canadá).
- Implantar a certificación FDA para acceder a novos mercados internacionais.
- Mellorar a competitividade empresarial mediante a implantación de medidas de reforzo produtivo, loxístico e de distribución.
- Mellorar o proceso produtivo, garantindo a continuidade da actividade e evitando paradas e perdas de produción derivadas de interrupcións na subministración eléctrica.
- Aumentar o valor engadido e mellorar a imaxe dos produtos locais mediante a diversificación dos canles de comercialización.
- Apertura de novos mercados exteriores (exportación a Estados Unidos e Canadá).
- Mellora da distribución e comercialización do peixe azul e das conservas de produtos do mar procedentes das capturas locais.
- Redución de residuos e dos riscos de incumprimentos derivados de interrupcións da actividade produtiva.
- Incremento do valor engadido dos nosos produtos e da competitividade empresarial.
- Implantación da certificación FDA, mediante auditoría e asesoramento, formación específica, revisión dos requisitos de hixiene e seguridade alimentaria e validación dos produtos, co obxectivo de posibilitar a exportación aos mercados de Estados Unidos e Canadá.
- Adquisición de 2.000 contedores alimentarios destinados ao tratamento, manipulación, almacenamento e distribución do peixe azul procedente de Portosín e das conservas elaboradas pola empresa, mellorando a eficiencia loxística e reducindo perdas.
- Adquisición dun xerador eléctrico industrial de alta eficiencia enerxética, destinado a garantir a continuidade da actividade produtiva ante posibles interrupcións ou inestabilidade no subministración eléctrica, evitando paradas de produción, desperdicios e incumprimentos nos prazos de entrega.
No seu conxunto, as actuacións permitirán mellorar a comercialización exterior, reforzar a competitividade da empresa e incrementar o valor engadido dos produtos pesqueiros locais.
Obxectivo Estratéxico 1. Sector da Pesca
1.2.3. Iniciativas empresariais de comercialización de produtos do mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

