Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Innovación museográfica do patrimonio pesqueiro de Fisterra

O proxecto ten como finalidade a modernización e posta en valor do patrimonio marítimo-pesqueiro de Fisterra, actualmente localizado principalmente no Castelo de San Carlos, sede do Museo da Pesca, mediante a incorporación de elementos innovadores que permitan mellorar a conservación, interpretación e difusión deste patrimonio. A actuación contempla a elaboración dun proxecto museográficoa dixitalización do Museo e a creación de contidos multimedia, e a automatización dos accesos e a programación das visitas, así como a incorporación de contidos relativos á historia do Castelo de San Carlos, facilitando a prestación do servizo durante todo o ano.

En conxunto, a actuación permitirá modernizar o Museo da Pesca, mellorar a experiencia dos visitantes e garantir a conservación e difusión da cultura marítima e do patrimonio pesqueiro de Fisterra.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores Nuestra Señora de las Arenas de Fisterra
Datos de interese: 
cofradia@cofradiafisterra.org https://concellofisterra.gal/turismo/info_outros/es/96 https://www.lonxasgalegas40.gal/fisterra/
Perfil empresarial: 
Confraría de Pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro do 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
15/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
24
Anualidades: 
2026-2027-2028
Data fin de execución: 
28/02/2028
Ámbito de aplicación: 

Fisterra

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
189.000,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
189.000,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
189.000,00 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
132.300,00 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
56.700,00 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
non
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Obxectivo xeral:  reorganización do patrimonio marítimo moble da Cofradia de Fisterra , na procura  dun servizo atractivo para o visitante introducindo tecnoloxías que permitan un novo modelo de prestación do servizo que que combina a automatización , coa presenza de persoal, como vía de optimización de resultados 
Obxectivos específicos: 
1. Ampliar a tempada de apertura do Museo de la Pesca a todo o ano.
2. Concibir un sistema de prestación de servizos que garanta, na medida do posible, o menor desvío nos procedementos de atención ao público e compense a falta do guía nun futuro
3 Resaltar a variedade de manifestacións que conforman a cultura marítima de Fisterra e a  súa identidade coa localidade 
5. Preservar e activar o patrimonio pesqueiro moble da cofradia de Fisterra 
6. Garantir a transmisión interxeracional dos saberes vencellados a cultura mariñeira de Fisterra 
7. Impulso do turismo mariñeiro no ámbito territorial do Galp Costa Sostible 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-Reorganización e conceptualización  do patrimonio pesqueiro moble da cofradia de Fisterra de forma que a súa visita  resulte un produto turístico atractivo para o visitante e adaptado hacia o futuro
-Xerar un intercambio entre o  fluxo de visitantes a lonxa e ao  Museo de forma que se incrementen o numero de visitantes en ambos inmobles.
-Consolidar  o Castelo de San Carlos como un punto obrigado de vista na localidade de Fisterra .
-Preservar a figura de Alexandre Nerium no tempo como autentico dinamizador das visitas ao Museo da Peca 
-Lograr unha estreita colaboración entre a  Cofradia e Concello para a promoción desta nova iniciativa 
-Consolidar a Cofradia de Fisterra como un referente na diversificación de actividades dentro do sector e a posta en valor do patrimonio pesqueiro 

Principais actividades do proxecto: 

As actividades previstas estrutúranse en tres liñas principais:

  1. Elaboración do proxecto museográfico, que incluirá a conceptualización da proposta museística e dixital, a definición de áreas temáticas e contidos, así como o deseño da proposta de interiorismo e do sistema de automatización e dixitalización dos procesos de visita e acceso.
  2. Execución do proxecto museográfico, mediante a realización das instalacións necesarias, a mellora da iluminación e climatización, a automatización e dixitalización dos accesos, a creación e instalación de contidos multimedia e a colocación de mobiliario e soportes gráficos.
  3. Desenvolvemento dunha campaña de marketing e comunicación, centrada nos medios dixitais, que incluirá a creación de material gráfico e audiovisual, un micrositio web específico e a creación e xestión de contidos en webs institucionais e redes sociais e plataformas de prescrición turística, co obxectivo de mellorar a visibilidade do Museo da Pesca e atraer novos visitantes.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 4.Cultura & Benestar

Obxectivo específico da EDLP: 

4.2.2. Rehabilitación e posta en valor de patrimonio cultural mariñeiro.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)