Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Latexo do Mar

O proxecto ten como finalidade o desenvolvemento dunha iniciativa de turismo mariñeiro sostible no litoral de Carnota, baseada na posta en valor do marisqueo a pé, da extracción tradicional do percebe e do patrimonio cultural e natural asociado ao medio costeiro.

A actuación contempla a realización de experiencias interpretativas e actividades divulgativas sobre o marisqueo e o percebe, así como obradoiros educativos dirixidos á comunidade escolar, co obxectivo de transmitir os coñecementos e valores do sector pesqueiro artesanal, fomentar a sensibilización ambiental e dar a coñecer a importancia da conservación dos ecosistemas costeiros.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
David Trillo Estrada
Datos de interese: 
david.trillo.estrada@hotmail.com
Perfil empresarial: 
Autónomo
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro do 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
15/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Carnota

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
55.307,49 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
35.058,56 €
Total axuda pública aprobada (€): 
28.046,85 €
% Subvención: 
80%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
19.632,80 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
8.414,05 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
non
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é impulsar unha iniciativa de turismo mariñeiro sostible que contribúa á diversificación económica e á creación de emprego local, así como á posta en valor do patrimonio e da identidade mariñeira do territorio e á sensibilización ambiental, reforzando o papel do sector pesqueiro artesanal. O proxecto pretende mellorar a calidade e seguridade das experiencias ofrecidas, favorecer o coñecemento e respecto polo medio mariño, xerar ingresos complementarios compatibles coa actividade extractiva, contribuír ao desenvolvemento da economía azul e favorecer a desestacionalización da actividade turística. Así mesmo, busca promover a transmisión interxeracional dos coñecementos e saberes tradicionais vinculados á actividade pesqueira e ao patrimonio mariñeiro.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A execución do proxecto permitirá consolidar unha oferta estable de turismo mariñeiro vinculada ao marisqueo a pé e á extracción tradicional do percebe, xerando ingresos complementarios compatibles coa actividade pesqueira e contribuíndo á sustentabilidade económica do sector.

Prevese tamén a creación dun posto de traballo a tempo parcial como guía e o mantemento do autoemprego do promotor, así como un incremento da sensibilización ambiental mediante actividades interpretativas, obradoiros educativos e accións de limpeza e conservación do litoral.

O proxecto contribuirá igualmente á dinamización turística sostible de Carnota, á desestacionalización da actividade turística e ao reforzo da economía azul local, garantindo a participación inclusiva de persoas con discapacidade mediante a aplicación de medidas de accesibilidade.

Principais actividades do proxecto: 
  • Realización de experiencias de turismo mariñeiro na praia de Carnota, centradas no coñecemento do marisqueo a pé e da extracción tradicional do percebe, así como na identificación de especies, técnicas de extracción, seguridade, sustentabilidade e valorización da actividade pesqueira artesanal.
  • Desenvolvemento de obradoiros de educación ambiental e divulgación do patrimonio mariñeiro en centros educativos, orientados á sensibilización sobre a conservación dos ecosistemas costeiros e á transmisión dos coñecementos e saberes tradicionais vinculados ao sector pesqueiro.
  • Adquisición de equipamento e medios necesarios para o desenvolvemento das actividades, incluíndo material de protección e seguridade para participantes e guías, materiais divulgativos e un vehículo eficiente para facilitar os desprazamentos ás zonas de actividade.
  • Aplicación de medidas de accesibilidade e inclusión, adaptando as actividades, os itinerarios, a comunicación e o equipamento para facilitar a participación de persoas con discapacidade en condicións de igualdade, seguridade e non discriminación.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2. Economía Azul & Diversificación

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1.2. Equipamentos, servizos e promoción de servizos de turismo mariñeiro que impliquen a interacción cos profesionais do sector da pesca

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)