Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Boiro libre de plásticos

Boiro libre de plasticos

Boiro libre de plásticos é unha iniciativa promovida polo Concello de Boiro para a mellora da calidade ambiental da ría de Arousa a partir da educación. Este obxectivo conseguirase mediante a formación e a divulgación da realidade ambiental do territorio e buscarase involucrar a todos os axentes do territorio para que tomen parte e actúen de xeito responsable. Así mesmo, establécense 3 obxectivos estratéxicos transversais, que se desenvolverán a partir dunha escola de educación ambiental itinerante e que estarán presentes en cada unha das actividades a realizar.

-OE1: mellorar o grao de educación ambiental e coñecemento do estado ambiental da ría pola poboación boirense.

-OE2: posicionar ao Concello de Boiro como un lugar de referencia do coidado do medio ambiente.

-OE3: conseguir reducir o impacto dos residuos da explotación pesqueira e acuícola e atopar unha nova vida para os residuos xerados.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Boiro
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Organismo público
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Referencia Normativa (Orde.) Orde do 27 de decembro de 2021 de bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos FEMP 2014-2020.
Convocatoria - ano: 
2022
Data de aprobación: 
20/09/2022
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
-
Anualidades: 
-
Data fin de execución: 
20/09/2022
Ámbito de aplicación: 

Este proxecto desenvolverase no Concello de Boiro, accedendo aos centros educativos, a confraría de pescadores, as organizacións de traballadores e traballadoras do mar, a poboación local e os/as turistas.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
-
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
-
Total axuda pública aprobada (€): 
-
% Subvención: 
-
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
-
FEMP (%): 
-
CA (€): 
-
CA (%): 
-
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
350
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é a mellora da calidade ambiental da ría de Arousa mediante a creación dunha escola de educación ambiental itinerante no Concello de Boiro.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Unha iniciativa de divulgación do estado ambiental da ría de Arousa participado polo Concello, as confrarías, os centros educativos e as asociacións implicadas no medio mariño natural para o intercambio de coñecemento e a promoción de proxectos en común, que aborden a problemática medioambiental. Que, durante o ano 2022, desenvolverá as seguintes actividades:

- 4 formacións de educación ambiental mariñeira en colaboración coas entidades vencelladas á explotación marítima para o respecto do medio mariño natural, a produción pesqueira, marisqueira e acuícola nas que participan, polo menos, 32 persoas en total.

-16 actividades concienciación sobre a importancia do coidado do medio ambiente a través de talleres participados por un mínimo de 400 escolares e usuarios e usuarias de campamentos de verán.

-10 accións de educación ambiental nas que se involucran a toda a sociedade, especialmente, nenas, nenos e turistas, cunha participación mínima de 250 persoas en total.

-Instalación de 6 elementos de mobiliario urbano derivados do tratamento dos residuos derivados do cultivo dos moluscos. 

Principais actividades do proxecto: 

1.Actividades transversais

A1: COORDINACIÓN E DIRECCIÓN DO PROXECTO

A coordinación e dirección do proxecto recaerá no persoal do Concello de Boiro, quen dispón de solvencia técnica para a documentación e control da execución das actividades realizadas.

A2: COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN DAS ACCIÓNS E RESULTADOS OBTIDOS

As accións levadas a cabo por Boiro libre de plásticos serán difundidas entre a poboación local ,mediante os medios sociais e a páxina web do Concello de Boiro.

2.Actividades formativas:

A3: CHARLAS DE EDUCACIÓN E SENSIBILIZACIÓN MEDIO AMBIENTAL:

Charlas onde se mostra o problema da contaminación existente na Ría de Arousa e os seus efectos na flora e na fauna e, por conseguinte, na actividade económica do Concello.

A4: TALLERES E ACTIVIDADES DE RECICLAXE E ECONOMÍA CIRCULAR

Estes talleres impartiranse co obxectivo de mellorar o coñecemento das 3 R (reducir, reusar e reciclar). Ademais de promover a creatividade das persoas, tamén se instruirá sobre a importancia da conservación da biodiversidade e o coñecemento das especies autóctonas.

A5: LIMPEZAS DE PRAIAS DO LITORAL COSTEIRO DO CONCELLO DE BOIRO

Estas limpezas estarán dirixidas por persoas con coñecemento da biodiversidade local, asegurando o coidado das especies en perigo. Actuarase nos areais e zonas costeiras do Concello de Boiro.

A6: INSTALACIÓN DE MOBILIARIO URBANO A PARTIR DE REFUGALLOS PLÁSTICOS

A partir dos refugallos recollidos nas limpezas de praias, encargaranse 6 bancos realizados con plástico reciclado que se colocarán en espazos simbólicos que axudarán a manter no recordo as accións de sensibilización levadas a cabo por Boiro libre de plásticos.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 3.1: desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)