Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Modificación Proposta de resolución definitiva de Xunta Directiva GALP RÍA DE AROUSA para a adxudicación de axudas 2021

 

 

1. En aplicación ao estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”, a Xunta Directiva do GALP RÍA DE AROUSA elevou á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a proposta de resolución definitiva de concesión de axudas na primeira fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2021 o día 15 de abril. 

2. O día 23 de xuño de 2021 o Servizo de desenvolvemento das zonas de pesca (Consellería do Mar) procede á devolución da proposta de resolución de Xunta Directiva, tendo en conta o artigo 25.3 da Orde de Axudas, motivado en non estar conformes coas propostas acordadas desta directiva en 14 dos proxectos propostos.

 

3. Realizadas as correccións oportunas, a Xunta Directiva eleva a público unha nova proposta de resolución definitiva de proxectos da 1ª fase de adxudicación de axudas, Convocatoria 2021, tendo en conta as correccións realizadas, que será trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva. 

  

4. Outórgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Arousa, que será o día 21 de xullo de 2021.

 

Esta proposta de resolución de Xunta Directiva da Convocatoria 2021, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para esta 1ª fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2021.

 

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/listaxe-modificacion-proxectos-convocatoria-2021-galp5