xoves, 8 de Outubro de 2020 - 10:10

A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa, celebrada o día 29 de setembro e vista a proposta de resolución provisional do Equipo Técnico do GALP, fronte á que non se formularon alegacións no trámite de exposición pública previsto no artigo 24.3 da Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, e de conformidade cos criterios establecidos na EDLP, acordou aprobar a proposta de resolución definitiva que se achega:
https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/listaxe-definitivo-setembro-2020-galp5
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP.
Cabe destacar que esta proposta non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

