Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A CONSELLEIRA DO MAR VISITA O PROXECTO PROMOVIDO POR ROSA DE LOS VIENTOS E FINANCIADO POLO GALP RÍA DE PONTEVEDRA

A CONSELLEIRA DO MAR VISITA O PROXECTO PROMOVIDO POR ROSA DE LOS VIENTOS E FINANCIADO POLO GALP RÍA DE PONTEVEDRA

O pasado martes 31 de xaneiro, a Conselleira do Mar visitou a empresa FRIGORÍFICOS ROSA DE LOS VIENTOS S. L.

A empresa é beneficiaria dun proxecto presentado perante o GALP Ría de Pontevedra para a realización de investimentos que permitan poñern en marcha unha nova liña de produción e envasado de pulpo coa certificación pescadeRías, que garante a orixe das rías galegas.

Tamén a empresa comezou a comercializar fumet de pulpo procedente da coción deste cefalópodo.

Este foi o primiero proxecto que se presentou perante o GALP Ría de Pontevedra e un dos primeiros en ser aprobado. Pola súa aposta pola pesca costeira artesanal recibiu un finaciamento do 80 %, ascendedo a axuda percibida a 171.624,13 €. O 85 % procede do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e o 15 % da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

A Conselleira do Mar salientou que a convocatoria de este ano que xa está aberta á presentación de proxectos, conta con máis de 15,8 millóns de euros para proxectos que se presenten perante os GALPs de toda Galicia e que poden executarse dende 2017 a 2019.