Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ENLONXATOUR

ENLONXATOUR

O proxecto persigue a mellora da comercialización dos produtos pesqueiros da lonxa de Portonovo e a mellora da oferta de turismo mariñeiro na lonxa ligado á sensibilización medioambiental a través dunha xestión adecuada dos medios. Para levar a cabo este proxecto precisamos contratar a unha persoa a tempo completo para que se encargue da xestión da lonxa no ámbito comercial e no ámbito turístico.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 178
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ROQUE DE PORTONOVO
Datos de interese: 
https://www.cofradiaportonovo.com/
Perfil empresarial: 
Confraría de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
18/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
20
Anualidades: 
2 (2021-2022)
Data fin de execución: 
31/10/2022
Ámbito de aplicación: 

Sanxenxo

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
70.832,07€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
64.949,29 €
Total axuda pública aprobada (€): 
64.949,29 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
55.206,90€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
9.742,39 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Por un lado búscase a mellora da oferta turística mariñeira, co fin de promover e poñer en valor o sector pesqueiro artesanal realizando ó mesmo tempo unha sensibilización medioambiental. Ademais de deixar un arquivo histórico coas vivencias dos veciños que estiveron implicados no mundo do mar ó que se terá acceso tanto na lonxa coma na nosa páxina web.

Este arquivo completarase con fotografías antigas que proporcionarán os mesmos veciños do pobo e a asociación Ollares de Portonovo coa que temos un acordo de colaboración para levar a cabo este proxecto.

Por outro lado búscase a mellora na xestión da comercialización e promoción do produto pesqueiro artesanal, usando as novas tecnoloxías, ademais dos canais habituais, usando as redes sociais para a súa promoción e realizando estudos de mercado sobre as diferentes especies clave que se capturan na nosa Ría. Dous dos puntos de venda online que pretendemos impulsar son o uso de Whatsapp Business e a plataforma de pescado artesanal "www.pescadoartesanal.com" para completar o novo programa de poxa implantado "lonxas 4.0".

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  1. Atraer a comercializadores e proveedores para incrementar a actividade da lonxa de Portonovo volvéndoa mais competitiva, o cal fomentará o crecemento económico da nosa vila.
  2. Promover o uso das novas tecnoloxías no proceso de poxa.
  3. Poñer en valor o sector pesqueiro artesanal de Portonovo transmitindo os coñecementos sobre dito sector ó resto da cidadanía.
  4. Lograr unha sensibilización medioambiental e promover o coidado do medio mariño dende cativos.
  5. Desestacionalizar o turismo mariñeiro. Lograr unha diferenciación de espazos nas instalacións da lonxa e que a labor habitual dos traballadores e clientes sexa compatible co uso da lonxa como espazo socio-cultural, sen que se vexa interferida, facendo uso das novas tecnoloxías.
  6. Mellorar as condicións de seguridade e traballo dos usuarios da lonxa.

 

Principais actividades do proxecto: 

Para acadar a mellora da comercialización dos produtos pesqueiros da lonxa realizaranse as seguintes actividades:

  1. Captación de novos compradores e provedores.
  2. Adaptar o espazo comercial da lonxa ás novas tecnoloxías para poder ofertar un mellor servizo e facer mais atractiva a lonxa para compradores e provedores.
  3. Emprego das plataformas Whatsapp Business e www.pescadoartesanal.com" para a promoción e venda dos produtos procedentes da pesca artesanal de Portonovo a través de internet.
  4. Ter un servizo de xestión que permita organizar toda a loxística do proceso de venda, dende que se produce a mesma ate que se transporta e chega ó cliente destino.
  5. Promover o produto pesqueiro artesanal.
  6. Respecto ao segundo, para a mellora da oferta de turismo mariñeiro orientado á sensibilización medioambiental e promoción do produto pesqueiro artesanal realizarase unha adaptación da zona de poxa antiga:
  7. Promoción e ampliación da información sobre o sector pesqueiro artesanal e real izar unha sensibilización medioambiental.
  8. Creación dun espazo adaptado para a realización de diversas actividades durante todo o ano usando as novas tecnoloxías.
  9. Creación dun arquivo histórico.  Para logralo precisamos adecuar as instalacións da lonxa para permitir o desenrolo normal do traballo da lonxa durante as visitas e mellorar o espazo das visitas introducindo material divulgativo e didáctico engadindo a sensibilización medioambiental
  10. Adquisición de material didáctico e divulgativo sobre as especies da pesca artesanal ligado á concienciación do coidado medioambiental:
    1. Dous vídeos divulgativos.
    2. Photocall.
    3. Pantalla de apoio.
    4. Paneis explicativos.
    5. Adaptación a código QR.
    6. Miniaturas das artes de pesca.
    7. Panel interactivo.
  11. Ampliación do contido da páxina web.

Instalación de portas de acceso por identificación con tarxetas de proximidade para usuarios profesionais da lonxa: con esta medida pretendemos que o acceso dos profesionais da lonxa estea separado do acceso dos visitantes para poder manter o desenrolo normal das visitas por un lado e o dos traballadores polo outro.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1.  Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da  cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura.

Obxectivo específico da EDLP: 

1. .1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)