Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MAR E RÍAS: PESCA & TURISMO

O sector pesqueiro en Galicia, especialmente a pesca costeira artesanal que constitúe o núcleo económico e cultural das vilas mariñeiras, pasa por un período de transformación debido a múltiples factores que afectan ao desenvolvemento das súas actividades: redución das capturas, cambios na comercialización, mais tamén cambios no entorno ambiental e social que afectan ao comportamento das especies obxectivo da actividade pesqueira e marisqueira, e tamén aos hábitos das persoas consumidoras do produto pesqueiro.

Coa posta en marcha deste proxecto preténdese ofrecer oportunidades de emprendemento en actividades turísticas a todas as comunidades mariñeiras da costa galega  de xeito que poidan xerarse actividades complementarias que contribúan a sustentabilidade do sector pesqueiro.

ao mesmo tempo, a realización destas tarefas no marco dun proxecto de cooperación enttre todos os GALPs de Galicia, permitirá a xeración dunha rede de coñecemento, traballo e promoción entre as iniciativas resultantes que contribuirá sen dúbida á súa sustentabilidade e permanencia

Datos xerais
Acrónimo: 
MAR E RÍAS: PESCA & TURISMO
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP RÍA DE PONTEVEDRA
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE 19 DE XUÑO DE 2025
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
30/10/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
18
Anualidades: 
2025-2026
Data fin de execución: 
30/11/2026
Ámbito de aplicación: 

O proxecto execútase no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Inclúense accións que trascenderán este ámbito ainda que sen base territorial fora da Comunidade Autónoma como é o emprego dunha plataforma de comercialización de experiencias de turismo pesqueiro de ámbito estatal e a organización e celebración dun Congreso internacional.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
183.756,64€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
183.756,64€
Total axuda pública aprobada (€): 
183.756,64€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
128.629,64 €
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
55.127,00 €
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1. Fomentar o desenvolvemento sostible do sector pesqueiro:

- Diversificar as fontes de ingresos do sector ao tempo que se realiza un descenso do esforzo pesqueiro.

- Promover prácticas sostibles que respecten o medio ambiente mariño e contribúan ao seu mellor coñecemento, maior respecto e coidado.

2.Fortalecer capacidades locais:

- Formar a pescadores en actividades turísticas vinculadas á súa propia experiencia e coñecementos.

- Apoiar ao emprendemento e promover a profesionalización das actividades de turismo pesqueiro.

3.Promoción conxunta do turismo mariñeiro:

- Xerar contidos para plataformas promocionais do turismo pesquero

- Fomentar a creación dunha rede internacional de turismo mariñeiro

- Implicar as administracións con competencias en pesca y turismo no apoio ao desenvolvemento destas actividades.

4.Conservación do patrimonio cultural marítimo e pesqueiro:

- Difundir as tradicións pesqueiras locais.

- Protexer e valorizar o coñecemento tradicional e os oficios mariñeiros.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O proxecto MAR E RÍAS: PESCA&TURISMO promoverá a diversificación económica do sector pesqueiro a través do turismo mariñeiro e pesca-turismo, fomentando prácticas sostibles. Espera formar a máis dun centenar de persoas, acompañar ao desenvolvemento de preto dunha veintena de proxectos turísticos e mellorar as competencias profesionais do sector. Visibilizaranse as iniciativas mediante unha xornada técnica inicial, plataformas dixitais, xornadas abertas á cidadanía e un congreso internacional, favorecendo a creación dunha rede de colaboración europea.

As accións permitirán a posta en valor do patrimonio mariñeiro e o coñecemento tradicional, fortalecendo o sentimento de identidade local e sensibilizando á cidadanía. Así mesmo, implicaranse administracións e axentes locais, xerando un modelo replicable de desenvolvemento sostible en zonas costeiras.

Principais actividades do proxecto: 

AP1: Xornada Técnica Inicial Pesca&Turismo.

Organizarase unha xornada de carácter técnico co obxectivo de poñer en común e trasladar ao sector pesqueiro as consideracións e propostas as diferentes administracións con competencias na actividade pesqueira e turística.

AP2: Xornadas de Captación en Cada Territorio

Cada GALP organizará unha xornada informativa preferentemente na segunda quincena de outubro para presentar o proxecto, a formación dispoñible e un taller de emprendemento. O obxectivo é dar a coñecer as oportunidades de negocio relacionadas co turismo pesqueiro e mariñeiro ao colectivo pesqueiro.

AP3: Curso de Formación en Pesca-Turismo e Turismo Mariñeiro

Levaranse a cabo cursos de 20 horas de duración en cada territorio GALP, cun formato de catro sesións teóricas e unha práctica. Haberá catro cursos en 2025 e outros catro en 2026. A formación será presencial e impartida en horario a determinar en cada GALP.

AP4: Programa de Titorias

Os proxectos turísticos desenvolvidos polos participantes contarán cun acompañamento especializado. Prevese realizar ata seis titorías por GALP, moitas delas grupais. Incluirán asesoramento sobre o deseño de experiencias turísticas e adaptación das embarcacións para uso turístico.

AP5: Formación Continua Online

A través da plataforma MAR SEGURO, ofreceranse tres cursos complementarios enfocados a mellorar competencias: inglés turístico, atención a persoas con discapacidade e habilidades sociais e atención ao público. Están dirixidos tanto a novos participantes como a persoas xa formadas en anos anteriores.

AP6: Visitas a Experiencias Existentes

Como ponte entre a formación e as titorías, organizaranse visitas a iniciativas reais de pesca-turismo e turismo mariñeiro. De cada 20 participantes de cada territorio prevese que oito asistirán a experiencias de pesca-turismo e doce a experiencias de turismo mariñeiro, reforzando o seu interese e resolvendo dúbidas.

AP7: Xornadas Abertas Territoriais

Cada GALP organizará catro xornadas nas que os proxectos turísticos xa titorizados se presentarán á cidadanía para testar a súa acollida. Estímase a participación de tres iniciativas de turismo mariñeiro e unha de pesca-turismo por territorio.

AP8: Congreso Internacional de Turismo Pesqueiro

Organizarase un congreso internacional para debater o estado do turismo pesqueiro en Europa, compartir experiencias e visibilizar os proxectos galegos que se teñan posto en marcha no marco do programa.

AP9: Creación de Contidos para Plataformas Promocionais

Revisaranse e produciranse contidos escritos sobre as iniciativas turísticas xurdidas no proxecto, co obxectivo de promocionalas a través de plataformas especializadas en turismo pesqueiro.

AC: Plan de Comunicación

Inclúe a creación dunha imaxe de marca, desenvolvemento dun sitio web, xestión de redes sociais, produción de contido audiovisual e recursos de comunicación para visibilizar o proxecto e os seus resultados.

Persoas Beneficiarias

O proxecto está dirixido ao sector pesqueiro, marisqueiro e acúicola, redeias e redeiros así coma os seus familiares, polo que o proxecto ten un interese colectivo e un beneficiario colectivo.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

RELACIÓN COS OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS DAS EDLPs.

Este proxecto de cooperación está dirixido á diversificación dentro do sector pesqueiro. Como tal proxecto de cooperación debe encadrarse no obxectivo de cooperación das EDLPs.

Porén, é un proxecto de xeración de capacidades aos membros do sector polo que podería considerarse que o proxecto contribúe tamén ao obxectivo Primeiro das EDLPs relativo ao aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

O proxecto contribúe ao obxectivo establecido pola Unión Europea de fomento da economía azul e a promoción do turismo como un recurso complementario para o sector pesqueiro, terá unha contribución fundamental á política pesqueira común xa que estas actividades teñen demostrado xa unha redución do esforzo pesqueiro naquelas zonas nas que se implantan.

Nas actividades formativas enfocadas ao sector se terá unha especial sensibilidade cara a incentivar que o sector amose a sustentabilidade das actividades pesqueiras, marisqueiras e acuícolas, así como a inclusión nos proxectos turísticos da promoción dos recursos naturais das nosas zonas costeiras.

O proxecto ten tamén unha vertente de promoción da cultura mariñeira e dos costumes locais vinculados á mesma polo que se debe ter en conta a súa contribución ao obxectivo de fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo. Ademais no proxecto se realizarán accións de exhibición das actividades turísticas desenvolvidas polo sector cara á cidadanía cunha especial atención á súa realización dende planteamentos inclusivos e promovendo a accesibilidade das actividades.

Nestes proxecto involucrarase como prescipriptores ás persoas do sector que xa van por diante realizando actividades de pesca – turismo e turismo mariñeiro, contribuíndo así ao reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítmas locais

Tendo todo isto en conta, a vertente de fomento do emprendemento e xeración de rentas complementarias inclina á balanza cara ao obxectivo estratéxico de diversificación no que finalmente se inclúe o proxecto.

Obxectivo específico da EDLP: 
-
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)