Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora na comercialización e servizos da Lonxa de Bueu (ComerArt)

Poñer en valor a pesca costeira artesanal a través da promoción da cultura mariñeira artesanal, a mellora dos servizos ofertados ao sector na Lonxa e da comercialización dos productos da pesca costeira artesanal.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A_2023-00064
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores “San Martiño” de Bueu
Datos de interese: 
www.adespensadaria.com
Perfil empresarial: 
Confraría de Pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
18/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
36
Anualidades: 
2023-2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Bueu

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
150.273,45€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
133.499,75€
Total axuda pública aprobada (€): 
133.499,75€
% Subvención: 
-
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
93.449,83€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
40.049,93€
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Poñer en valor a actividade Pesqueira artesanal, mellorar a comercialización dos recursos extraídos pola frota asociada e os servicios ofrecidos a través da Lonxa de Bueu.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Mellorar e incrementar a comercialización dos produtos da pesca artesanal.
  • Promover a venda á restauración.
  • Mellorar os servizos ofrecidos na Lonxa e as competencias dixitais do sector.
  • Reducir o gasto enerxético do sector.
  • Mellorar a eficiencia enerxética da instalación.
Principais actividades do proxecto: 
  • Dúas xornadas destinadas a visitantes do concello nas que se lle ensinarán as peculiaridades da pesca artesanal nas nosas costas, e seis visitas a centros escolares para amosar as distintas artes empregadas na pesca costeira artesanal e as especies que con eles se capturan.
  • Tres xornadas impartidas pola Asociación Mulleres AMEI Ría de Pontevedra para a visibilización da muller no sector pesqueiro.
  • Mar Seguro realizará dúas actividades de formación en saúde laboral e manipulación de produtos destinados a vendedores polo miúdo da Praza de Abastos e ao resto do sector.
  • En colaboración co Clube de Buceo Ons, dúas retiradas de residuos en praias do concello, e posteriormente dúas charlas impartidas pola Asociación Vertidoscero na que se concienciará da importancia da reciclaxe, o tratamento dos residuos e a economía circular.
  • Instalación de dous novos sistemas informáticos para mellorar a xestión de actividades realizadas na lonxa e tamén se levará a cabo unha xornada de dixitalización destinada ao sector pesqueiro.
  • Campañas dixitais para potenciar a venda a través da web.
  • Visitas comerciais a clientes e potenciais clientes co fin de dar a coñecer e promocionar os produtos comercializados a través da Lonxa de Bueu
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

​Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de producción e subministro dos productos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes productos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

Fomento de la certificación y comercialización de productos pesquero y acuícolas

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)