Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución provisional da Convocatoria 2024 do GALP Ría de Pontevedra

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra, en reunión celebrada o 10 de abril de 2024 en Marín, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e o estipulado na "Orde do 28 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes para o ano 2024.

- Acordo da Xunta Directiva

- Anexo 1 - Proposta provisional de aprobación de proxectos.

- Anexo 2 - Proposta provisional de desestimación de proxectos.

- AVALIACION DE PROXECTOS: partida 770

- AVALIACION DE PROXECTOS: partida 780

Esta proposta da Xunta Directiva para proxectos da convocatoria de 2024 é unha resolución provisional que non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.

Tal como se reflicte no artigo 20.1 das Orde de axudas do 28 de decembro da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a súa publicación. De non haber alegacións, finalizado o prazo indicado a proposta será definitiva de conformidade co artigo 20.2 da citada Orde.