Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Pontevedra da visibilidade ao Encontro de embarcacións tradicionais en Combarro e fomenta a participación veciñal no evento.

Entre os días 29 de xuño e 2 de xullo do presente ano celebrarase en Combarro-Poio a décimo terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
O Encontro, de periodicidade bienal e carácter itinerante por distintos portos de Galicia, é unha dasas manifestacións da cultura marítima máis importantes das que se celebran na península Ibérica.
Para ir comunicando a programación prevista para o encontro e ir abrindo boca, os próximos fins de semana comezando por este venres día 9 de xuño, na praza da Chousa de Combarro convidarase ás peroas que se acheguen á praza a realizar un obradoiro de NÓS AO GRANDE.
Os venres e sábados do mes de xuño previo ao encontro (9, 10, 16, 17, 23 e 24 de xuño-3 horas cada día, de 18:00-21:00h) se realizarán na Plaza da Chousa, obradoiros de nós mariñeiros ao grande.
En cada unha das farolas da praza (10), progresivamente (3 o primeiro fin de semana, 3 o seguinte e os 4 restantes o derradeiro fin de semana) colocaranse cabos de 4 cm de diámetro e 3 metros de longo cos que se interactuará cos visitantes da praza facendo nós mariñeiros en grande formato, que formarán parte da decoracion progresiva deste espazo.
Esta iniciativa está promovida polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra (GALP) da Xunta de Galicia, e pretende ir comunicando e convidando a todos/as os/as participantes o grande evento que sera o Encontro dun xeito lúdico e participativo.

Quedan todo/as convidados/as