Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO DA RÍA DE PONTEVEDRA PROMOVE O TURISMO MARIÑEIRO A TRAVÉS DUN PROXECTO DE COOPERACIÓN

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra participa nun proxecto de cooperación cos restantes GALPs de Galicia para a promoción do turismo mariñeiro.

O Grupo é o encargado de desenvolver dúas actividades no seo de este proxecto que ten coma obxectivo dar a coñecer a oferta de turismo mariñeiro ao longo de toda a costa galega.

En particular, o GALP Ría de Pontevedra se encarga de procura de socios entre establecementos de hostalería que estean interesados en promocionarse a través da súa implicación coa pesca costeira artesanal e que ofrezan produtos das lonxas galegas e tamén de actividades de formación no colectivo xuvenil do sector pesqueiro cara ao turismo mariñeiro.

Captación de empresas selo Km. 0 - pesca costeira artesanal . Ao longo do ano 2016 realizouse a captación de 105 restaurantes para o selo Km. 0 MarGalaica ao longo de toda a costa galega.

 

Formación colectivo xuvenil sector pesqueiro cara ao turismo mariñeiro.

Dentro da acción central de cooperación do proxecto que é a procura de novos nichos de actividade de turismo mariñeiro, que ten por obxectivo explorar e potenciar o aproveitamento turístico dos oficios da xente do mar para buscar novos nichos de negocio ou emprego, se desenvolven diferentes actividades:

  • Potenciación turística dos oficios das mulleres do mar de Galicia.
    • 6 Cursos a colectivos de redeiras e mariscadoras para mellorar a orientación ao turismo da súa actividade
    • 6 experiencias piloto de asistencia técnica personalizada para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos en tres frontes:
      • A captación de usuarios para as súas actividades.
      • A creación de puntos de venda de produtos nas instalacións nas que traballan as mulleres.
      • A distribución dos seus produtos.
  • Orientación turística da carpintería de ribeira.