Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO DA RÍA DE PONTEVEDRA REUNE AO SECTOR PARA PRESENTAR A ACTUALIZACIÓN DA PLATAFORMA PESCADOARTESANAL.COM

O GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO DA RÍA DE PONTEVEDRA REUNE AO SECTOR PARA PRESENTAR A ACTUALIZACIÓN DA PLATAFORMA PESCADOARTESANAL.COM

Este mércores 8 de febreiro o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra reune aos membros do sector pesqueiro para presentar a actualización da plataforma pescadoartesanal.com de venda conxunta das lonxas da ría que ao longo do ano pasado foi mellorada para facer o seu acceso máis doado a comercializadores e persoal do sector.

A reunión asistirán representantes das catro lonxas da ría e invitouse tamén a todas as confrarías a participar para que coñezan o seu funcionamento.

A plataforma de venda conxunta das lonxas da ría é unha iniciativa do sector pesqueiro da Ría de Pontevedra para facilitar aos compradores de peixe poder coñecer de antemán a oferta da poxa en cada unha das lonxas. O seu funcionamento non está tanto deseñado para a compra on line que tamén pode facerse como para que os comercializadores poidan coñecer a oferta do día das lonxas.

O proxecto está financiado polo GALP da Ría de Pontevedra e entre as melloras realizadas está o deseño dunha aplicación móvil que facilite a subida de datos dende as embarcacións para que os armadores poidan dar a coñecer o que traen a terra antes incluso de chegar a porto. 

A plataforma ten tamén unha parte pública na que os cidadáns poden coñecer a oferta de peixe e marisco da ría en distribuidores, comercializadores, praceiros e incluso a oferta da restauración. 

A reunión será ás 11:00 horas na Lonxa de Portonovo.