Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución DEFINITIVA Xunta Directiva GALP RIA DE PONTEVEDRA

 

A Xunta Directiva do GALP RÍA DE PONTEVEDRA reuniuse na data do 24 de abril de 2026 para o estudo das alegacións presentadas á proposta provisional de proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026, código do procedemento PE155A (DOG nº10 do 16 de xaneiro de 2026). Así mesmo corrixiuse unha incidencia detectada na proposta provisional.

Os acordos adoptados recóllense nos seguintes documentos:

 

Esta proposta de resolución definitiva non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para as partidas orzamentarias 770, 780 e 760 para esta convocatoria 2026 , quedando os proxectos que non acaden axuda por falla de crédito, en lista de agarda no mesmo orde que figura nesta proposta.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da sede do GALP Ría de Pontevedra, tal como se reflicte no artigo 20.2 da Orde do 12 de decembro de 2025, da Consellería do Mar.