
As redeiras son parte fundamental do desenvolvemento local e económico da Guarda. No 2005 constitúese a Asociación de redeiras Atalaia, articulándose como grupo de traballo e conseguindo, xunto a compañeiras doutros territorios, avances nos dereitos laborais deste colectivo conformado por mulleres e con especial relevancia en Galicia.
A asociación está formada por un grupo de mulleres dinámico e aberto a novas áreas de traballo, entre as que destacan a reciclaxe dos materiais dos aparellos, a elaboración de pezas de artesanía, e a divulgación do oficio en charlas e formacións. Esta diversificación fortalece a nosa estabilidade económica, o que propiciou a entrada de novas socias de maneira recente, fortalecendo o relevo xeracional deste oficio. Así mesmo, participamos dun tecido asociativo amplo (sector pesqueiro, ámbito público, asociacionismo de mulleres...).
Tras vinte anos de traxectoria, a Asociación quere por en valor o seu traballo, que conforma unha parte da historia mariñeira da vila da Guarda. Isto lévase a cabo mediante un programa formativo que abarca a construción do seu propio relato, a planificación estratéxica cara a superar os retos aos que se enfrentan, o reforzo das habilidades asociativas, tecnolóxicas e de comunicación, e unha introdución ao mundo do cooperativismo.
O proxecto busca facer visible este proceso, enfocándoo cara a transmisión ao público xeral e dando forma a un xérmolo de visitas de turismo mariñeiro. Para iso, créase unha web que aumente a visibilidade social das redeiras e do seu oficio.
Preparación dun espazo expositivo que recolle os obxectos tradicionais pertencentes ás persoas xubiladas do mar, e uns paneis informativos sobre o sector pesqueiro. Este espazo expositivo instálase no balcón con vistas á nave, ao que se accede dende unha sala en desuso a adaptar. Esta sala emprégase tamén para desenvolver as reunións internas e para acoller visitas. Ademáis, o mobiliario da sala elabórase con materiais reciclados, poñendo en valor a sostibilidade e a artesanía.
Atadeiras responde a algunhas das necesidades identificadas na EDLP: valorizar o patrimonio cultural como elemento vertebrador mediante a súa difusión e conservación, reforzar os liderados das mulleres no territorio, ou desenvolver o turismo costeiro sostible e desestacionalizado. Atadeiras, ademais, fortalecerá o proceso de relevo xeracional no que se atopa o colectivo das redeiras: un proceso no que recoñecer o pasado e proxectarnos ao futuro. Atadeiras fortalecerá a capacidade de soster a nosa actividade, e tamén abrirnos portas a valorar desenvolver, no futuro, actividades de diversificación como o turismo mariñeiro, sendo A Guarda un lugar estratéxico por ser o punto de entrada en Galicia do Camiño Portugués da Costa.
O proxecto amosa a importancia de compartir coa poboación local e visitante a historia da asociación, que tamén é historia local e do conxunto do sector da pesca en Galicia. Por iso, buscase fortalecer os lazos do tecido comunitario facendo partícipes ao ámbito público (Concello, colexios) e asociativo da zona (sector pesqueiro e entidades de inclusión social), así como doutros ámbitos como o museístico.
Entre as necesidades identificadas na EDLP, Atadeiras responde á de reforzar os liderados das mulleres no territorio, valorizar o patrimonio cultural como elemento vertebrador mediante a súa difusión e conservación, ou á de desenvolver un turismo costeiro sostible e desestacionalizado.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Reforzar a capacidade de gobernanza da Asociación de redeiras Baixo Miño Atalaia, mediante o reforzo das capacidades persoais e as lóxicas asociativas das redeiras da Guarda.
- Poñer en valor ao sector pesqueiro da Guarda, elaborando un relato da contribución das redeiras ao mesmo e poñendo en valor elementos patrimoniais procedentes do sector, que se poidan empregar nun futuro proceso de profesionalización dunha actividade de diversificación enfocada no turismo mariñeiro.
- Acondicionar o espazo dispoñible para sacar o máximo partido dos espazos e dos elementos propios da asociación e adquirindo novo equipamento, adecuando os espazos ás necesidades da actividade principal e de diversificación.
- Elaborar pezas audiovisuais e una páxina web que aumenten a proxección das redeiras, visibilizando o liderado das mulleres do mar no desenvolvemento do sector pesqueiro.
- Poñer en valor a evolución da asociación, que cumpre 20 anos, e compartir a súa actividade con outras entidades.
- Mellora da organización, operatividade e visibilidade da Asociación de redeiras Atalaia.
- Posta en valor dos obxectos patrimoniais cos que conta a asociación, e elaboración de novos elementos que axuden a facer visible a contribución á historia mariñeira da Guarda.
- Aproveitamento dos espazos que ofrece a nave de redes, sacando mellor partido da distribución do equipamento.
- Fortalecemento das capacidades persoais das redeiras, e reforzo do asociacionismo que consolide o relevo xeracional.
- Establecemento e fomento das alianzas locais entre o sector pesqueiro, o asociacionismo de mulleres e o ámbito municipal.
- Elaboración dun relato colectivo sobre a importancia da asociación de redeiras para o sector pesqueiro da Guarda, que se poida transmitir ao público xeral.
- Sesións formativas internas coas socias da asociación, e sesións nas que poñer en práctica os coñecementos, en colaboración con outras entidades.
- Produción de elementos que reforcen a visibilidade das redeiras.
- Gravación de pezas audiovisuais protagonizadas polas redeiras. As temáticas dos vídeos son a evolución do sector pesqueiro da Guarda, o oficio das redeiras (historia, reivindicacións,...) e a historia da asociación, a sostibilidade no medio mariño e a economía circular. Toma de fotografías para a web.
- Deseño e elaboración dunha web da asociación, e formación para o seu uso e xestión autónoma por parte das redeiras. Tres idiomas e estrutura funcional para o presente e futuro da asociación.
- Acondicionamento de espazos físicos, mellora da seguridade e adquisición de equipamento, para un mellor aproveitamento da nave de redes.
- Adquisición dunha máquina que carga as agullas, que facilita o traballo produtivo cotiá, este é un elemento mais que mostra como a innovación pode aplicarse a un sector tradicional e artesanal como o das redes de pesca.
- Deseño e produción dun espazo expositivo que pon en valor elementos da pesca costeira artesanal da Guarda. Elaboración artesanal de mobiliario con redes de pesca recicladas.
- Xornada de posta en valor do proxecto e devolución de resultados. Esta xornada contribue ó fortalecemento de alianzas (confraría, institucións, OPP, ORPAGU, asociacións de mulleres, colexios, entidades de inclusión, outras...). Degustación de produtos mariñeiros locais.
Obxectivo Estratéxico 5: Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Obxectivo específico 5.1: Desenvolvemento e mellora de procesos de gobernanza.
Actuación 5.1.1: Reforzo da participación e o liderado feminino no GALP a través da creación de redes de colaboración de mulleres.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

