
O proxecto consiste na transformación dunha sala da lonxa de Arcade nunha Aula do Mar, para o que resulta preciso adaptala equipándoa co mobiliario e material informático necesario para que na mesma se poidan realizar tanto actividades formativas aos socios como divulgativas ao público en xeral.
A finalidade do proxecto é contar cun espazo no que poder formar ás persoas asociadas á entidade en temas varios como a xestión de recursos mariños, a contaminación, o lixo mariño ou o cambio climático.
Este espazo emprégase ademais para realizar actividades que acheguen o sector pesqueiro e marisqueiro á veciñanza da zona, así como eventos de concienciación con alumnos de centros educativos do Concello que amosen a importancia da confraría como ente dinamizador local. Trátase dun espazo de comunicación no que participan activamente mulleres armadoras, pescadoras ou mariscadoras que dan visibilidade as tarefas que realizan, reforzando o seu papel neste tipo de entidades e dándolle valor ao seu traballo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Crear un espazo de intercambio de coñecementos entre persoal técnico, científicos, sector e veciñanza.
- Sensibilizar en temas tan relevantes coma a xestión de recursos, o cambio clímatico e a contaminación.
- Amosar e por en valor os oficios tradicionais dándolle valor ao papel da Confraría como entidade pesqueira local.
- Incrementar o coñecemento a nivel local entre a veciñanza e os mozos para atraer aos mesmos ao mundo do mar.
- Visualizar o traballo realizado polas mulleres armadoras, tripulantes e mariscadoras da entidade.
- Divulgar os produtos que vende a Confraría, especialmente aqueles vinculados históricamente á zona: ostra e anguía.
- Capacitación das persoas socias da entidade en temas relativos á xestión de recursos, medioambiente, biodiversidade, contaminación, cambio climático...
- Visualización da entidade entre a veciñanza e o alumnado do Concello.
- Incremento do recoñecemento do papel da entidade como dinamizadora local.
- Divulgación e fomento do sector do mar.
- Visibilización do papel das mulleres nas actividades marítimo pesqueiras.
Obxectivo estratéxico 5: Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Obxectivo específico 5.1.: Desenvolvemento e mellora de procesos de gobernanza
Actuación 5.1.1: Promoción da colaboración público-privada. Creación de espazos de encontro e desenvolvemento de proxectos con universidades, Administracións e, en xeral, co ecosistema de I+D+i
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


