luns, 20 de Xullo de 2026 - 08:07

O pasado día 16 de xuño participouse no obradoiro "Imaxinando futuros desexables" dentro do proxecto Mariscando ConCiencias.
Neste obradoiro participaron mariscadoras, persoal de investigación e artistas locais, para abordar os desafios ambientais que afectan ao marisqueo artesanal e proxectar escenarios de futuro sostibles para o sector. Foi un espazo de diálogo interdisciplinar onde se integraron saberes técnicos, científicos e populares, onde de compartiron experiencias e onde se realizou unha análise sobre o impacto ambiental no marisqueo.
O proxecto está liderado por Cidadanía Sociedade Cooperativa Galega e o integran Amarturmar, Future Oceans Lab (UVigo) e Sinha Paca - Artelixo.

