Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Convocatoria entrevista selección persoal administrativo GALP7

Tal e como figuran nas bases para a provisión dunha praza de persoal administrativo da Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda, o día 5 de abril de 2021 realizouse no Edificio “Virxe do Carme” do Porto Pesqueiro de Vigo a proba escrita.

A empresa ADM ASESORES, S.L., encargada pola Asociación Grupo Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda (en adiante GALP7 ) da xestión do concurso para a selección de persoal administrativo do GALP7 nos termos previstos las bases da convocatoria, acorda comunicar á Xerencia do mesmo, os resultados acadados na Primeira Fase do procedemento de selección (FASE 1ª.- Proba Escrita).

Á vista dos resultados facilitados pola empresa ADM Asesores, convócase ás dez persoas que obtiveron maior puntuación á entrevista persoal, por orde alfabético de primeiro apelido, que terá lugar na sede do GALP7 (Avenida Beiramar, 49, 3º, oficina 5, Vigo) o día 8 de abril no horario indicado no seguinte enlace:

https://galp.xunta.gal/node/3462/edit