Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mariscadoras ConCiencia: Mariscadoras e científicas unidas polo coidado do mar

A contorna de Vigo é privilexiada en canto aos saberes técnicos do mar, pois conta cunha extensa rede de centros de estudo científico arredor do mar e unidades especializadas de investigación mariña; ademais, ao longo dos concellos da contorna da Ría de Vigo ata A Guarda, son numerosas as profesionais do marisqueo que desenvolven a súa actividade.
Este proxecto consiste en establecer un diálogo entre ambos mundos, que permita intercambios de coñecemento para fortalecer a sostibilidade desta actividade profesional e fomentar a innovación, a dixitalización e transición cara unha economía de baixas emisións de carbono.
Mediante esta proposta ponse en contacto directo a profesionais da extracción dos recursos marisqueiros con profesionais científicas que estuden e comprendan os fenómenos ambientais, perfilando solucións locais a problemas globais que minimicen os impactos negativos do cambio climático sobre os recursos pesqueiros e o medio mariño.
O proxecto baséase na colaboración entre as profesionais do sector produtivo e as profesionais científicas (Universidade, Campus do Mar, Oceanógrafas, entre outras). Trátase de fomentar unha cooperación estreita entre ámbitos diversos pero complementarios, establecendo novos métodos de traballo cooperativos que promovan o intercambio de coñecementos e a proposta de solucións a problemas comúns. Mariscadoras e científicas do mar compartindo o obxectivo de establecer medidas para unha mellor adaptación aos efectos negativos do cambio climático na produtividade do sector pesqueiro.
ANMUPESCA, como asociación de mulleres do mar, pon o énfase na participación das mariscadoras e científicas nesta iniciativa, se ben é fundamental incluír aos compañeiros de profesión e de sector nas actividades propostas. O coidado ambiental é tarefa conxunta de toda a sociedade, polo que ao longo das actividades faise fincapé na sensibilización ambiental e o coidado do medio. Así mesmo, ANMUPESCA ten interese na difusión da asociación entre as científicas do mar, potenciais socias da Asociación Nacional como mulleres dedicadas profesionalmente ao mar.
Datos xerais
Acrónimo: 
PE155-2024-0071
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca
Datos de interese: 
https://www.anmupesca.org/
Perfil empresarial: 
Asociación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a proxectos ao amparo da EDLP do GALP na convocatoria 2024
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
19/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
15
Anualidades: 
2024-2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Territorio GALP Ría de Vigo - A Guarda

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
22.324,50
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
22.324,50
Total axuda pública aprobada (€): 
21.432,22
% Subvención: 
96
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
15.002,55
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
6.429,67
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1. Fomentar a conexión e o intercambio de coñecementos entre o ámbito científico e as actividades produtivas ligadas ao mar e aos recursos mariños, dende a óptica das mulleres do mar.

2. Establecer un marco operativo de traballo estable entre o ámbito científico e o produtivo, para reforzar a sostibilidade do medio e asegurar a continuidade das actividades pesqueiras.

3. Potenciar o papel das profesionais do mar, no compromiso de custodia do territorio, e na explotación sostible dos recursos pesqueiros, o coidado do medio mariño e por tanto, na preservación da biodiversidade.

4. Visibilizar o papel das mulleres no ámbito científico vencellado ao mar e as actividades mariñas.

5. Aproveitar o coñecemento científico-técnico xerado arredor do mar para aumentar a sustentabilidade da actividade produtiva.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1. Batería de medidas prácticas a desenvolver na actividade produtiva para aumentar a sostibilidade do medio mariño e dos recursos pesqueiros.

2. Recollida de principais liñas de investigación desenvoltas na actualidade polos organismos científicos, e recompilación de necesidades de investigación dende o ámbito produtivo.

3. Definición dun marco colaborativo estable entre as profesionais do sector pesqueiro e as científicas da rama das Ciencias do Mar.

4. Visibilización do papel das mulleres na cadea de valor da pesca, das referentes femininas en actividades profesionais masculinizadas, e integración de perfís ocupacionais de xénero.

5. Presentación da actividade pesqueira e científica como oportunidade laboral ás persoas novas, que fomente a remuda xeracional e fixe poboación no territorio.

6. Microvídeos – entrevistas coas testemuñas das participantes no proxecto, que amplifiquen o alcance das accións.

Principais actividades do proxecto: 

ACTIVIDADE 1. Xornadas de intercambio de coñecementos

ACTIVIDADE 2. As mulleres do mar: Encontros públicos nos que, contando con persoal experto e espazos de participación, porase en valor o papel das mulleres do mar no desenvolvemento sostible do medio natural a través da súa actividade económica.

ACTIVIDADE 3. Xornada final de presentación de resultados.

ACTIVIDADE 4. Plan de comunicación.

ACTIVIDADE 5. Plan de dinamización e organización loxística. Trátase de realizar traballos de seguimento e organización das actividades para o seu correcto desenvolvemento.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OE3 .Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático

Obxectivo específico da EDLP: 

3.1.1 Estudos en colaboración co ecosistema de I+D+i sobre consecuencias de cambio climático

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)