Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución definitiva de proxectos convocatoria 2022

A Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo -A Guarda, en reunión celebrada 25 de marzo de 2022 na súa sede, seleccionou os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022”. Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Vigo - A Guarda tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 27 de decembro de 2021, da Consellería do Mar.

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/proposta-definitiva-convocat...

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/avaliacion-proxectos-product...

https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda/avaliacion-de-proxectos-non-...