
Adquisición dunha furgoneta para a Confraría de Redondela co propósito de mellorar a loxística e o transporte no desenvolvemento das súas actividades.
Este vehículo será empregado para o traslado de enseres, material, mercancías e demais elementos necesarios para a comercialización dos produtos pesqueiros e para organización e celebración dos actos propios da confraría. Ademais, facilita a mobilidade dos seus membros nas diversas iniciativas de carácter social e cultural que promove a entidade.
A compra desta furgoneta permite optimizar os recursos dispoñibles, mellorar a operatividade da confraría e contribuír á conservación e promoción das súas actividades tradicionais. Paralelamente, este proxecto inclúe unha serie de accións de divulgación orientadas a achegar á poboación local e ás comarcas veciñas o labor que se realiza na confraría.
Estas accións de divulgación teñen un enfoque especial na visibilización do papel das mulleres no sector, destacando a importancia das mariscadoras e da primeira patroa da confraría. Así mesmo, promovense actividades nos centros educativos para fomentar o relevo xeracional, dando a coñecer a relevancia do marisqueo e da pesca sustentable entre as novas xeracións. Dentro deste ámbito, prestase atención a datas significativas como o 11 de febreiro (Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia), o Día do Mar, o Día dos Océanos, entre outras relacionadas co sector marítimo e pesqueiro.
Así mesmo, a confraría, a través de charlas, obradoiros e eventos abertos ao público, preténde poñer en valor o traballo das persoas que dependen do mar e fomentar unha maior conciencia social sobre a necesidade de preservar os recursos mariños e garantir un futuro sostible para o sector.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O principal obxectivo deste proxecto é a adquisición dunha furgoneta, garantindo así un medio de transporte propio e adecuado para o desenvolvemento das actividades. A compra deste vehículo responde ás seguintes finalidades específicas:
- Contribuirá á comercialización e a distribución dos productos pesqueiros aos posibles clientes e consumidor final.
- Facilitar o traslado de enseres, material e outros elementos esenciais para a organización dos actos propios da confraría.
- Dispoñer dun vehículo propio permitirá reducir os custos e a dependencia de medios de transporte externos, garantindo unha maior eficiencia na xestión dos recursos.
- Servirá para desprazamentos relacionados con actividades culturais e sociais favorecendo a participación e a inclusión de todos os membros da confraría.
- Ao mellorar a capacidade organizativa e operativa da cofradía, contribúese á conservación e difusión do patrimonio cultural que representa.
Este proxecto terá un impacto positivo en diferentes sectores da poboación, beneficiando tanto aos membros da confraría como á comunidade en xeral:
- Membros da confraría: A adquisición da furgoneta facilitará a súa participación en actos, mellorará a loxística da súa actividade diaria e permitirá un transporte máis eficiente dos materiais necesarios.
- Veciñanza e comunidade local: A mellora na organización dos eventos culturais e divulgativos favorecerá unha maior accesibilidade e participación da cidadanía, xerando un impacto positivo na cohesión social e na posta en valor do patrimonio marítimo.
- Centros educativos e estudantado: A través das actividades en escolas e institutos, os máis novos poderán coñecer de primeira man o sector pesqueiro e marisqueiro, fomentando o seu interese e garantindo a continuidade destas actividades fundamentais para a economía local.
- O Concello de Redondela, como colaborador do proxecto, tamén se verá beneficiado ao fortalecer a súa relación coa confraría e co tecido asociativo local. A mellora na organización de eventos e a visibilización do sector mariñeiro contribuirán ao desenvolvemento social e cultural do municipio.
- A furgoneta poderá ser utilizada en colaboración con agrupacións locais para iniciativas de interese xeral, fortalecendo o tecido asociativo e fomentando proxectos conxuntos en beneficio da comunidade.
O proxecto inclúe unha serie de actividades enfocadas na mellora da operatividade da Confraría de Redondela e na difusión do seu labor dentro da comunidade. Entre as principais accións previstas atópanse:
- A furgoneta servirá como medio de transporte para o material e os equipamentos necesarios na organización de eventos propios da confraría, garantindo unha mellor loxística e eficiencia.
- Como apoio loxístico en actividades sociais, xa que facilitará o desprazamento de recursos para iniciativas de carácter social e cultural, contribuíndo á dinamización da comunidade e á promoción do sector marítimo.
- Implementaranse accións para garantir a durabilidade e o bo estado da furgoneta, asegurando un uso responsable e eficiente a longo prazo.
- Divulgación en centros de ensino: realizaranse actividades en colexios e institutos para achegar ás novas xeracións o coñecemento sobre o traballo da confraría, o marisqueo e a pesca sostible. Ademais, fomentarase o relevo xeracional no sector.
- Promoción dos produtos locais: con estas accións tratarase de dar a coñecer os produtos do mar, capturados de forma tradicional na Enseada de San Simón, dentro dunha zona protexida da Rede Natura 2000, e a súa importancia dentro da economía e cultura da zona, promovendo un maior recoñecemento do traballo das persoas que dependen do mar.
- Conmemoración de datas significativas: desenvolveranse actividades divulgativas vinculadas a días clave como a Festa do Choco de Redondela, o 11 de febreiro (Día da Muller e a Nena na Ciencia), o Día do Mar ou o Día dos Océanos, reforzando a conciencia social sobre a importancia do medio mariño e a igualdade de xénero no sector.
Obxectivo estratéxico 1:Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio
Obxectivo específico 1.1.: Incrementar o valor engadido dos produtos da esca artesanal, marisqueo e acuicultura.
Actuación 1.1.3:Actuacións para levar a cabo a agrupación da oferta no territorio e desenvolver cadeas curtas de comercialización a través das novas tecnoloxías e procesos con maior eficiencia enerxética
Obxectivo específico 1.3.: Promover o consumo dos produtos da pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura e a súa actividade productiva.
Actuación 1.3.1:Campañas de difusión dos valores e sistemas de xestión sostibles da pesca costeira artesanal destinada á sociedade en xeral
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

