Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución do GALP 7

A Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo - A Guarda en reunión celebrada o 19 de xuño de 2020 en Arcade, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo na 1ª fase de adxudicación de axudas da Convocatoria 2020, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións provisionais:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/20200619201224.pdf

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2020, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta  fase 
 

Outórgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Vigo - A Guarda, que é o día 19 de xuño de 2020.

Pódese consultar o baremo dos proxectos no seguinte enlace:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/avaliacion_proxectos_1a_convo...