mércores, 6 de Outubro de 2021 - 08:10

A Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo -A Guarda, en reunión celebrada 6 de outubro de 2021 na súa sede, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021”.
Pasados os 5 días hábiles sen terse presentado alegacións esta proposta provisional da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de Setembro de 2021 pasa a ser unha proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Vigo - A Guarda tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 3 de agosto de 2021, da Consellería do Mar.
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_resolucion_xd_galp7.pdf