
O GALP Ría de Vigo - A Guarda é beneficiario da axuda autonómica a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) da convocatoria 2025, co proxecto Mar e rías:Pesca e turismo.
O proxecto ten como obxectivo a xeración de capacidades entre as persoas do sector pesqueiro para a diversificación da súa actividade cara o turismo como recurso complementario que a vez leva ña redución do esforzo pesqueiro e á promoción da cultura mariñeira.
O proxecto levarase a cabo nas anualidades 2025 e 2026. O orzamento total financiado é de 183.756,64€ do que 22.969,59€ correspondelle ao GALP Ría de Vigo - A Guarda. Esta actuación está cofinanciada polo FEMPA nun 70% e un 30% pola Comunidade Autónoma.
Mar e rías: pesca e turismo encadrase dentro da prioridade 3 do FEMPA e do obxectivo estratéxico 3.1: Permitir unha economía azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores así como fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas.

