Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visita de estudo ao GALP Valencia

Os días 3 e 4 de xuño representantes do GALP Ría de Vigo-A Guarda realizaron unha visita de estudo ao GALP da provincia de Valencia.

Nesta ocasión, participaron representantes de confrarías de pescadores de Cangas, Vilaboa, Arcade, Redondela e xerencia do GALP coñeceron os proxectos levados a cabo na zona de Gandía e a Albufera.

Na primeira xornada o percorrido incluiu a visita as instalacións da Confraría de Pescadores de Gandía e do Club Deportivo de Pesca de Gandía.

Na segunda xornada o GALP Ría de Vigo - A Guarda visitou as intalacións da Comunidade de Pescadores de El Palmar e varios dos proxectos levados a cabo na zona da Albufera como a embacación eléctrica, proxecto promovido polo GALP.

AT