luns, 21 de Marzo de 2022 - 11:03

Os días 21 e 22 de marzo de 2022, representantes do GALP Itsas Garapen Elkarte, realizaron unha visita de estudio aos GALP Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo – A Guarda, co obxectivo de coñecer iniciativas de pescaturismo e turismo mariñeiro. Pola tarde realizouse unha visita de turismo mariñeiro polo porto de Bueu, á praza de abastos, á lonxa e a unha nave de carpintería de ribeira.
Ao día seguinte recibiuse aos representantes en Baiona e visitouse a embarcación “Novo Migueliño”, na que o seu patrón, Severino Casal explicou a actividade de pescaturismo que quere desenvolver. O percorrido pola zona GALP Ría de Vigo – A Guarda rematou coa visita á lonxa de Cangas.