Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de dinamización dos mercados locais

O día 21 de outubro as xerencias da Asociación de empresarios de Redondela e a do GALP Ría de Vigo - A Guarda participaron na xornada de dinamización dos mercados locais, celebrada no Hotel Carlos I Silgar en Sanxenxo.

Nesta xornada expuxeronse temas a debate coma os mercados excelentes na Comunidade de Galicia, a dinamización e a sostibilidade en mercados locais e a promoción do producto fresco da pesca, marisqueo e acuicultura da Conselleria do Mar - PescadeRías e Come o mar.

Asi mesmo, expuxeronse exemplos destas accións de dinamización coma a do Mercado de Santiago de Compostela ou como levar da teoria á practica a posta en marcha de mercados excelentes.