luns, 12 de Febreiro de 2024 - 12:02

O día 12 de febreiro de 2024 tivo lugar no Edificio Virxe do Carme do Porto de Vigo a xornada de presentación das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Nesta xornada a xerencia do GALP7 explicou brevemente a súa EDLP.
Adicionalmente participaron diferentes entidades que aportaron a súa visión en termos de sustentabilidade, economía circular e novas tecnoloxías aplicadas fundamentalmente ao sector pesqueiro.
Alejo Calatayud explicou a importancia da economía circular no sector da pesca.
Jorge Pan de ARVI falou sobre proxectos coordinados por ARVI: Inertimar (aproveitamento de calor residual para eliminación sostible in situ de parásitos dos residuos da pesca), Buque eficiente (mellora da eficiencia enerxética na flota pesqueira española a través dun sistema intelixente de xesión enerxética frigorífica en buques), Pescando 4.0 (Plataforma Blockchain e loT para garantir a trazabilidade, seguridade, calidade e sostibilidade na cadea de valor dos produtos pesqueiros),ABASAP (Acondicionamento a bordo e aproveitamento de subprodutos da actividade pesqueira) e Next Empleamar (Plataforma de intermediación laboral para o sector pesqueiro)
Joaquín Gracia de Marexi deu exemplos de como as novas tecnoloxías poden contribuír á economía circular azul utilizando á óptica, acústica e enerxía electromagnética

