martes, 26 de Maio de 2026 - 11:05

O día 5 de maio, o centro de saúde de Baiona foi o lugar escollido para a presentación da campaña "Pesca Saúde". Nesta xornada de promoción de consumo de peixe fresco e información para mellorar os hábitos alimentarios dos veciños, repartíronse receitarios e guías de información nutricional. O espazo contaba coa presenza de persoal médico e dun profesional da restauración que preparou receitas con produtos frescos para degustación.
Ao punto de información tamén acudiron o Alcade, Jesús Vázquez Almuíña, o concelleiro de Pesca e Marisqueo, Joaquín López Goce e o patrón maior da Confraria de pescadores, Roberto Cabral.
Esta campaña atópase dentro do proxecto de cooperación "Pesca saúde" promovido polos GALPs galegos.

