Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornadas de presentación da convocatoria de axudas 2025 nas prazas de abastos

Entre os días 5 e 19 de marzo, tiveron lugar nos distintos Mercados de abastos do territorio GALP Ría de Vigo - A Guarda, reunións para informar sobre a convocatoria correspondente ao ano 2025 das axudas dos fondos europeos FEMPA, xestionados polo GALP. Visitáronse os Mercados de Abastos de Redondela, Chapela, Moaña, Baiona, Nigrán, O Rosal, A Guarda e Vigo (Teis, As Travesas, O Berbés, Bouzas, O Progreso  e O Calavario).

Mantivéronse reunións coas praceiras de Cangas, Soutomaior, Vilaboa e Oia.

Nestas xornadas informouse da posibilidade de acceder aos fondos para facer unha mellora dos seus postos de traballo.

En todos os casos repartíronse folletos informativos, mandís e termos para dar a coñecer as axudas do GALP.