
Desenvolver actuacións que se dirixan á recuperación, conservación e posta en valor do seu patrimonio cultural e patrimonial, contemplando actividades turísticas e en particular o turismo mariñeiro.
Creación de rutas e experiencias turísticas que poñan en valor o patrimonio natural e cultural das zonas como alternativa para a diversificación da economía.
Os GALP promotores do proxecto son: GALP A Mariña Ortegal (coordinador) e o GALP Golfo Ártabro Norte.
Descarga as Guías e os Mapas de "Galicia Norte, Mares de Experiencias":
https://www.dropbox.com/sh/mkue7moicsior0w/AACYGKlVRfuONa7JYl9Admd8a?dl=0
Sexo promotor:
Muller
Home
Home
Idade promotor:
< 40 anos
> 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación:
Sí
Non
Non
Diversificación da actividade pesqueira:
Si
Non
Non
Emprego creado (ETC):
Si
Non
Non
Nº emprego creado (ETC):
-
Emprego mantido (ETC):
Si
Non
Non
Nº emprego mantido (ETC):
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron:
-
Principais obxectivos do proxecto:
1. Deseñar rutas e crear experiencias turísticas atractivas no ámbito territorial que teñan a capacidade de atraer fluxos turísticos e contribuír así tanto á posta en valor dos seus recursos, como á diversificación económica dos seus territorios.
2. Posicionar o territorio do GALP A Mariña- Ortegal e do GAL Golfo Ártabro Norte dentro do turismo mariñeiro.
3. Sensibilizar á poboación co coidado do seu patrimonio relacionado co mar, e o uso responsable do mesmo.
4. Detección de oportunidades de negocio relacionadas co sector pesqueiro e o turismo.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
1. Listado de recursos patrimoniais, culturais e naturais do territorio dos GALP.
2. Itinerarios turísticos definidos a través dos recursos marcados no territorio, relacionados co sector pesqueiro.
3. Oportunidades de negocio dentro do sector pesqueiro e relacionadas co turismo sustentable.
4. Actividades de diversificación económicas en empresas en activo dentro do sector pesqueiro e do turismo.
Principais actividades do proxecto:
1. Deseño de itinerarios turísticos para a posta en valor do patrimonio cultural e natural:
Estudio do patrimonio natural e cultural do territorio con maior valor, co fin de identificar os elementos clave no territorio que sexan de atractivo turístico, e en concreto co turismo mariñeiro. A través deses elementos clave deseñaranse rutas polas cales os visitantes e turistas desfrutarán do patrimonio distribuído polos concellos do GALP A Mariña-Ortegal e do GALP Golfo Ártabro Norte.
2. Concienciación da poboación local sobre a importancia da conservación do patrimonio do mar e uso responsable do mesmo:
- Xornadas de difusión á poboación para concienciar sobre as vantaxes que ten o proxecto para o territorio, tanto económicas e medioambientais como sociais.
- Pór en coñecemento da poboación, especialmente a desempregados, mulleres e colectivos en risco de exclusión, que oportunidades de negocio e laborais ten a posta en valor e explotación de forma sustentable do patrimonio do mar e o turismo.
- Sesións formativas dirixidas ás persoas interesadas en emprender novas actividades relacionadas co turismo mariñeiro, ou ben ás persoas interesadas en diversificar a súa actividade relacionada co sector pesqueiro, nas áreas de negocio, marketing, lexislación, interacción con outros axentes, etc.
3. Comunicación do proxecto e promoción dos itinerarios
- Mapas e guías promocionais a través das cales se difundan os itinerarios que se crearon e as experiencias sustentables que se identificaron.
- Acto de presentación dos resultados finais do proxecto dirixido tanto ao público xeral como a profesionais do sector turístico e mariñeiro de Galicia.
Obxectivo estratéxico da EDLP:
-
Obxectivo específico da EDLP:
-
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático:
Si
Non
Non
Igualdade de xénero:
Si
Non
Non
Discriminación:
Si
Non
Non
Favorecer a inclusión social:
Si
Non
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020:
Si
Non
Non
Contribución:
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)