Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mariñeiros por un día. O mar nun clic

O proxecto consiste no desenvolvemento dunha páxina web específica de “Mariñeiros por un día: O mar nun clic”, que facilite a calquera escolar o seguimento en directo das visitas guiadas á lonxa de Celeiro, ao heliporto e ao “Taller do pescador”, así como interactuar cos profesionais do sector que interveñen ao longo do percorrido.

Na web os profesionais da educación e os escolares disporán ademais de unidades didácticas e contidos en formatos audiovisuais sobre a pesca en xeral, o peso deste sector en Galicia e máis detalladamente o desenvolvemento desta actividade na Mariña- Ortegal: tipos de pesca, artes, produtos pesqueiros, etc.

Esta información estará acompañada doutros recursos para situar á Mariña -Ortegal no mapa dende o punto de vista xeográfico, histórico e cultural. As visitas guiadas realizaranse na zona das instalacións portuarias de Celeiro: visita guiada pola lonxa pesqueira e proxección de vídeo de faenas de pesca. Visita ao heliporto de Salvamento Marítimo. Taller do pescador, nunha sala habilitada nas instalacións da Confraría de Pescadores, no que se fará un repaso polas artes e aparellos empregadas na Mariña.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Celeiro
Datos de interese: 
http://www.cofradiaceleiro.com/ https://www.youtube.com/watch?v=1-uValvYG0I
Perfil empresarial: 
Confraría de Pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
23/07/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
24
Anualidades: 
2020-2021
Data fin de execución: 
31/12/2020
Ámbito de aplicación: 

Viveiro (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
38.496,95 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
31.015,66 €
Total axuda pública aprobada (€): 
27.914,09 €
% Subvención: 
90
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
23.726,98 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
4.187,11 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  •  Achegar aos escolares galegos á realidade socioeconómica dun porto pesqueiro, tomando como referencia Celeiro.
  • Dar a coñecer a actividade da frota pesqueira e o funcionamento dunha lonxa da man dos profesionais do sector.
  •  Difundir os produtos do mar e o seu consumo responsable, tendo en conta tallas, épocas de veda, etc.
  • Promover entre os escolares o consumo de produtos do mar e a súa relación cunha dieta saudable
  • Difundir o patrimonio e a cultura mariñeira
  • Concienciar aos escolares sobre a necesidade de coidar e respectar o medio ambiente, con especial atención ao mar e os océanos
  • Difundir entre os escolares os diferentes oficios e profesións relacionados co mar
  • Dar visibilidade ao papel da muller no mundo do mar
  • Promover a cultura mariñeira de Celeiro e o seu patrimonio en toda Galicia
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Promoción da pesca sostible, a través da difusión entre os escolares das prácticas de pesca dos profesionais da Mariña
  •  Promoción da actividade pesqueira entre os mozos, divulgando entre os escolares as diferentes profesións relacionadas co mar
  • Promoción do consumo de produtos pesqueiros entre os escolares
  •  Promoción do papel da muller na actividade pesqueira, coa introdución dun módulo específico sobre a muller e o mar
  • Promover a preservación do medio mariño coa creación dun módulo específico sobre medio ambiente
  • Fomento e posta en valor das comunidades costeiras e a súa achega cultural, económica e social
  • Difusión e posta en valor da cultura e o patrimonio mariñeiro
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto consiste no desenvolvemento dunha páxina web específica de “Mariñeiros por un día: O mar nun clic” que facilitará a calquera escolar o seguimento en directo as visitas guiadas á lonxa de Celeiro, ao heliporto e ao “Taller do pescador”, e interactuar cos profesionais do sector que interveñen ao longo do percorrido. Na web os profesionais da educación e os escolares disporán ademais de unidades didácticas e contidos en formatos audiovisuais sobre a pesca en xeral, o peso deste sector en Galicia e máis detalladamente o desenvolvemento desta actividade na Mariña- Ortegal: tipos de pesca, artes, produtos pesqueiros, etc. Esta información estará acompañada doutros recursos para situar á Mariña -Ortegal no mapa dende o punto de vista xeográfico, histórico e cultural. As visitas guiadas realizaranse na zona das instalacións portuarias de Celeiro: visita guiada pola lonxa pesqueira e proxección de vídeo de faenas de pesca. Visita ao heliporto de Salvamento Marítimo. Taller do pescador, nunha sala habilitada nas instalacións da Confraría de Pescadores, no que se fará un repaso polas artes e aparellos empregadas na Mariña. Módulos específicos: “Coida o mar, coida a vida”, “O mar tamén é das mulleres”. Degustación de produtos do mar nun restaurante da zona. Unha vez finalizada a visita os escolares disporán na web de recursos para expoñer as súas impresións sobre esta experiencia e reforzar os coñecementos adquiridos.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

4.- Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1.- Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto e valor.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)