O proxecto consiste no desenvolvemento dunha páxina web específica de “Mariñeiros por un día: O mar nun clic”, que facilite a calquera escolar o seguimento en directo das visitas guiadas á lonxa de Celeiro, ao heliporto e ao “Taller do pescador”, así como interactuar cos profesionais do sector que interveñen ao longo do percorrido.
Na web os profesionais da educación e os escolares disporán ademais de unidades didácticas e contidos en formatos audiovisuais sobre a pesca en xeral, o peso deste sector en Galicia e máis detalladamente o desenvolvemento desta actividade na Mariña- Ortegal: tipos de pesca, artes, produtos pesqueiros, etc.
Esta información estará acompañada doutros recursos para situar á Mariña -Ortegal no mapa dende o punto de vista xeográfico, histórico e cultural. As visitas guiadas realizaranse na zona das instalacións portuarias de Celeiro: visita guiada pola lonxa pesqueira e proxección de vídeo de faenas de pesca. Visita ao heliporto de Salvamento Marítimo. Taller do pescador, nunha sala habilitada nas instalacións da Confraría de Pescadores, no que se fará un repaso polas artes e aparellos empregadas na Mariña.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Achegar aos escolares galegos á realidade socioeconómica dun porto pesqueiro, tomando como referencia Celeiro.
- Dar a coñecer a actividade da frota pesqueira e o funcionamento dunha lonxa da man dos profesionais do sector.
- Difundir os produtos do mar e o seu consumo responsable, tendo en conta tallas, épocas de veda, etc.
- Promover entre os escolares o consumo de produtos do mar e a súa relación cunha dieta saudable
- Difundir o patrimonio e a cultura mariñeira
- Concienciar aos escolares sobre a necesidade de coidar e respectar o medio ambiente, con especial atención ao mar e os océanos
- Difundir entre os escolares os diferentes oficios e profesións relacionados co mar
- Dar visibilidade ao papel da muller no mundo do mar
- Promover a cultura mariñeira de Celeiro e o seu patrimonio en toda Galicia
- Promoción da pesca sostible, a través da difusión entre os escolares das prácticas de pesca dos profesionais da Mariña
- Promoción da actividade pesqueira entre os mozos, divulgando entre os escolares as diferentes profesións relacionadas co mar
- Promoción do consumo de produtos pesqueiros entre os escolares
- Promoción do papel da muller na actividade pesqueira, coa introdución dun módulo específico sobre a muller e o mar
- Promover a preservación do medio mariño coa creación dun módulo específico sobre medio ambiente
- Fomento e posta en valor das comunidades costeiras e a súa achega cultural, económica e social
- Difusión e posta en valor da cultura e o patrimonio mariñeiro
O proxecto consiste no desenvolvemento dunha páxina web específica de “Mariñeiros por un día: O mar nun clic” que facilitará a calquera escolar o seguimento en directo as visitas guiadas á lonxa de Celeiro, ao heliporto e ao “Taller do pescador”, e interactuar cos profesionais do sector que interveñen ao longo do percorrido. Na web os profesionais da educación e os escolares disporán ademais de unidades didácticas e contidos en formatos audiovisuais sobre a pesca en xeral, o peso deste sector en Galicia e máis detalladamente o desenvolvemento desta actividade na Mariña- Ortegal: tipos de pesca, artes, produtos pesqueiros, etc. Esta información estará acompañada doutros recursos para situar á Mariña -Ortegal no mapa dende o punto de vista xeográfico, histórico e cultural. As visitas guiadas realizaranse na zona das instalacións portuarias de Celeiro: visita guiada pola lonxa pesqueira e proxección de vídeo de faenas de pesca. Visita ao heliporto de Salvamento Marítimo. Taller do pescador, nunha sala habilitada nas instalacións da Confraría de Pescadores, no que se fará un repaso polas artes e aparellos empregadas na Mariña. Módulos específicos: “Coida o mar, coida a vida”, “O mar tamén é das mulleres”. Degustación de produtos do mar nun restaurante da zona. Unha vez finalizada a visita os escolares disporán na web de recursos para expoñer as súas impresións sobre esta experiencia e reforzar os coñecementos adquiridos.
4.- Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
4.1.- Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto e valor.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)