
O proxecto, que se localiza en Pantín (Valdoviño) preto da coñecida praia polas súas condicións inmellorables para a práctica do surf, consiste na adquisición de equipamentos para diversificar a actividade da empresa de servicios náuticos, cunha nova liña de negocio de servizos de aluguer de material, e escola de surf. Os equipamentos son principalmente táboas de iniciación ó surf e traxes de neopreno. Prevese a adquisición dun vehículo e carro para o transporte do material, a adaptación dos vestiarios no interior de instalacións móbiles, a adaptación e mellora do impacto visual de tres módulos prefabricados para a almacenaxe de material e a mellora dunha zona para almacenamento de todo o material en terreos propiedade do promotor, (mellora do acceso para os vehículos, instalación de estanterías e acondicionamento do terreo para a instalación dos módulos).
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Diversificar as actividades náuticas ofrecidas pola empresa Equipar e ampliar as prazas dunha escola de surf.
Ofrecer servizos de tecnificación deportiva e aluguer de materiais.
Ofertar postos de traballo relacionados con actividades náuticas.
Dotar á empresa do equipamento necesario para poder diversificar as súas actividades.
Impartición de cursos de surf.
Incremento da oferta de actividades orientadas ao turismo.
Incremento de consumo de materiais e equipamentos relacionados coa actividade deportiva no mar.
Formación a mulleres nestas prácticas deportivas.
Creación dunha nova liña de negocio con aluguer de material e escola de surf, para o que se van adquirir táboas de iniciación ao surf e traxes de neopreno.
Adaptación de vestiarios.
Adquisición de vehículo e carro para transporte de material.
Adaptación e mellora visual dos módulos prefabricados para almacenaxe.
Mellora da zona de almacenamento e acceso.
Deseño e posicionamento web.
Obxectivo 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Obxectivo 2.2: Crear unha imaxe e consolidar unha imaxe de marca do territorio da Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)