
O proxecto consiste en diversificar as actividades da empresa instalando un novo sistema de almacenaxe para os produtos pesqueiros conxelados en salmoira, concretamente en dúas das cámaras frigoríficas, xa que as pezas teñen que ir soltas e non se poden apilar en grandes cantidades, porque os produtos danaríanse. Coas estanterías, aprovéitanse ao máximo as cámaras frigoríficas, xa que van dende o chan ata o teito, mellorando así a organización do mercado dos produtos pesqueiros, a súa conservación e o seguimento da trazabilidade de ditos produtos, incrementando o valor dos mesmos e facendo unha empresa mais competitiva.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Incrementar o sistema de almacenaxe dos produtos conxelados.
Dotar ás cámaras frigoríficas dun sistema de almacenaxe que permita clasificar e mellorar as condicións dos distintos tipos de produto.
Aproveitar mellor o espazo da cámara de conxelado para a estabulación do produto.
Aumento da capacidade de almacenamento da cámara frigorífica ao aproveitar a máxima altura.
Mellor clasificación do produto ao evitar o amontoamento.
Conxelación de cada peza por separado.
Compra estantería compacta para cámara frigorífica.
Obxectivo 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivo 1.1: Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro na Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)