
O proxecto consiste na realización de accións de sensibilización, como sesións informativas e divulgativas, dirixidas a diferentes públicos (alumnado, público adulto) co fin de visibilizar a actividade mariñeira nos municipios de Ares e Valdoviño promocionando os oficios mariñeiros e a contorna para a práctica deportiva. Desenvolveranse accións dentro do termo municipal de Ares e de Valdoviño, respectivamente, e algunhas accións cruzadas na súa execución (intercambio de visitas, exposición de paneis...).
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Valorizar o labor mariñeiro en Ares e Valdoviño e o potencial que teñen os espazos naturais de ambos municipios, desenvolvendo accións de sensibilización dirixidas a escolares e ao público en xeral, a través de actividades ligadas ás oportunidades no litoral, promocionando a contorna para a práctica deportiva.
O proxecto transmite os valores do crecemento azul, como unha estratexia a longo prazo de apoio ao crecemento sustentable do sector, que recoñece a importancia do mar como motor da economía, polo seu gran potencial para a innovación, a baixa pegada de carbono e o crecemento.
Realizar accións de sensibilización dirixidas a diferentes públicos (alumnado, público adulto).
Visibilizar a actividade mariñeira nos municipios de Ares e Valdoviño mediante dispositivos informativos sobre os produtos mariños e os colectivos, os areais e a práctica deportiva náutica). Ademais, terá relevancia a transmisión de valores da sustentabilidade na práctica deportiva e nos sistemas de extracción artesanal e a importancia da biodiversidade no litoral.
Dignificación dos oficios do mar, o cal pode supoñer a atracción de novos efectivos laborais que poden ser facilitadores dun relevo xeracional.
Maior visibilización do labor mariñeiro nos municipios e súa importancia como actividade económica.
Impulso á ideación de novas liñas de negocio e xeración de novos proxectos profesionais, vinculados aos oficios do mar e deportes náuticos.
As actividades do proxecto “ARES E VALDOVIÑO NO MAR” para o Concello de Valdoviño son:
ACTIVIDADE 1 (Valdoviño). DEFINICIÓN DO PROXECTO E ANÁLISE ESTRATÉXICA. Definición de públicos no territorio para a execución de actividades e cadro de mando para o seguimento e coordinación das mesmas.
ACTIVIDADE 2 (Valdoviño). OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN DIRIXIDOS A ESCOLARES DE VALDOVIÑO. Xornadas de sensibilización na aula e saídas ao territorio, dirixidas a escolares da localidade nas que se tratan temáticas relativas ás praias, o surf, ligado á seguridade na auga, o medio ambiente e colectivos e oficios ligados á extracción de especies mariñas, como o marisqueo a pé e a flote.
ACTIVIDADE 3 (Valdoviño). “A TÚA PRIMEIRA ONDA”. BAUTISMOS DE SURF PARA ESCOLARES DE VALDOVIÑO. Sesións de achegamento á práctica do surf, ligados ao socorrismo e os valores do coidado do medio mariño.
ACTIVIDADE 4 (Valdoviño). VISITAS AO OCÉANO SURF MUSEO (OSM) DIRIXIDAS A ESCOLARES DE VALDOVIÑO. Co ánimo de coñecer o elemento distintivo da súa localidade, como deporte náutico por excelencia, na que se realizará un repaso polas diferentes seccións do espazo expositivo.
ACTIVIDADE 5 (Valdoviño). O MUSEO FÓRA DO MUSEO. Elaboración de paneis didácticos móbiles sobre as praias, o surf e o coidado do medio mariño, e organización de exposicións en Valdoviño e en Ares.
ACTIVIDADE 6 (Valdoviño). PROMOCIÓN DO OSM CON DIVERSOS PÚBLICOS. Tradución dos paneis existentes no OSM ao inglés, códigos QR e subida de información á páxina web do museo. Adquisición de publicacións específicas para público infantil, en formato físico.
ACTIVIDADE 7 (Valdoviño). VISITA DE ESCOLARES DE VALDOVIÑO AO CONCELLO DE ARES. Os escolares viaxarán a este municipio para coñecer a súa ría, a práctica de remo, tan ligada á vila de Ares, identificando as diferenzas na costa e as actividades económicas de cada localidade, ligadas ao mar. Nestas visitas realizarase un intercambio de coñecemento, na que o profesorado e alumnado de cada localidade explicará as características diferenciais da súa zona.
6.Fomento da cooperación
6.1. Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes,
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)