Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XXIX Xornadas técnicas e XXIII Encontro Empresarial

O proxecto consiste na organziación e celebración das XXIX Xornadas Técnicas Expomar 2022 e o XXIII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras Expomar 2022. Aínda que tradicionalmente a celebración destas Xornadas corría paralela á feira Expomar, estas adquiriron personalidade propia e diferenciada dentro do programa do evento. Isto foi debido tanto á importancia dos relatores e dos temas que abordaron como ao interese suscitado no sector, na prensa especializada e nos medios de comunicación en xeral. Cada ano propóñense os temas de maior actualidade e controversia, contando cos relatores con responsabilidade na toma de decisións, o que xeralmente posibilita a resolución de problemas do sector a raíz das reunións mantidas con motivo das Xornadas Técnicas Expomar. O Encontro, que como as Xornadas, teñen periodicidade anual, nace no ano 2000 como actividade complementaria reunindo as entidades representativas da flota galega e as asociacións cúpulas nacionais, converténdose froito da transcendencia das decisións tomadas polos participantes, nun encontro obrigado dos profesionais a nivel nacional.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Fundación Expomar
Datos de interese: 
https://expomar.com/
Perfil empresarial: 
Fundación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o dese
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
26/11/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
30/06/2022
Ámbito de aplicación: 

Burela (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
16.386,70 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
10.463,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
9.416,70 €
% Subvención: 
90
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
8.004,19 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
1.412,51 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo fundamental destas actividades, coincide co obxectivo da propia Fundación Expomar, que é o estímulo, a potenciación e o desenvolvemento do sector pesqueiro. Tanto as Xornadas Técnicas Expomar, como o Encontro empresarial de Organizacións Pesqueiras, contribúen neste ámbito a acadar maiores cotas de profesionalidade, mellorando as capacidades e competencias profesionais do sector, así como o traslado e o estimulo dos valores e da importancia da actividade pesqueiras para as futuras xeracións, promovendo o relevo interxeracional. Tamén tenta promover, a través dos temas a tratar, a internacionalización das empresas e coñecemento do produto pesqueiro e á comunidade pes[1]queira en xeral.
Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro.
Reforzar a posición social do sector pes[1]queiro na comunidade costeira e mellorar as súas condicións de traballo.
Aumentar o valor dos produtos pesqueiros a través da súa transformación comercialización e mellora na rede de distribución. Poñer en práctica mecanismos de participación.
Conseguir un modelo organizativo e innovador de desenvolvemento do sector que garanta unha pesca e un aproveitamento sostible dos re[1]cursos mariños. Promover a investigación para a posta en práctica de novos produtos e a mellora do aproveitamento mariño. - Habilitar espazos e procesos de participación no desenvolvemento do plan de acción.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Crear unha ferramenta que contribúe ao desenvolvemento do sector pesqueiro e incide dun xeito positivo no desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, nun claro referente para o Mundo do Mar. Esta ferramenta axuda a consolidar a competitividade nas zonas pesqueiras, así como reestruturar e reorientar as actividades económicas diversificando, á través da promoción da pluriactividade dos pescadores (turismo mariñeiro, medidas de melloras medioambientais etc.), ofrecendo un valor engadido aos produtos da pesca e protexendo e promocionando o seu patrimonio natural e cultural a tódolos niveis, polo tanto, contribuíndo ao desenvolvemento sostible da zona de pesca.

Principais actividades do proxecto: 

As principais actividades son a organización e celebración das XXIX Xornadas Técnicas Expomar 2022 e o XXIII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras Expomar 2022.  As actuacións necesarias para o desenvolvemento, do devandito proxecto, require das seguintes tarefas, necesarias para a súa execución:
Confección e posta en marcha da sondaxe cos axentes implicados no sector pesqueiro e mariño en xeral.
Realización da sondaxe e comezo da planificación e programación das reunións do Comité Executivo.
Reunións do Comité Executivo e o Órgano de Xestión, para a formulación das propostas da programación dos temas a tratar.
Programacións de acordos e coordinación e contacto cos relatores. - Contacto coas Organizacións pesqueiras de Galicia, Cornixa Cantábrica e cúpulas das Asociacións: ONAPE; FEOPE; CEPESCA, etc.
Realización dos protocolos a seguir no desenvolvemento das Xornadas Técnicas e do Encontro Empresarial.
Xestión da páxina web da Fundación, que como en anteriores edicións centralice toda a información cara unha mellor divulgación coa base das novas tecnoloxías.
Deseño dunha Campaña publicitaria e xestión da mesma, ao longo de todo o tempo que leva a programación e a realización dos dous eventos.
Remate da confección e deseño publicitario e da programación dos eventos, e continuidade coa xestión dos mesmos.
Posta do programa das Xornadas e do Encontro Empresarial na páxina web da Fundación, para un maior coñecemento que permita unha maior divulgación e achegamento a tódolos sectores implicados.
Coordinación cos participantes no Encontro e dos poñentes das Xornadas Técnicas (recibimento aloxamento e manutencións).
Organización xeral dos eventos: 1º.- acondicionamento dos espazos a utilizar: Salón de Actos da Confraría “San Juan Bautista” de Burela para as X. Técnicas e da Sala de Xuntas de ABSA para o Encontro E. De Organizacións Pesqueiras. 2º. –Coordinación e soporte para gravación e para a realización da reportaxe fotográfica a realizar durante a realización destas dúas actividades. - Realización das Xornadas Técnicas e do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras 2022 contarán cun servizo de asistencia para a recepción dos participantes, entrega de material e desenvolvemento das actividades nas diferentes sedes de realización.
Remate, confección das memorias, pagos etc.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases  da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)