Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

AbruMar - I+D+ti bySantiPerez. Obradoiro para a innovación, elaboración e consumo de produtos do mar.

O presente proxecto nace do soño dun percebeiro. Santiago Pérez Haz quere dar un paso á fronte apostando pola innovación e a sostenibildade, pero, sobre todo, polo sector no cal traballa; o sector do mar; creando un proxecto de PESCA COSTEIRA ARTESANAL.
Nace así a idea de AbruMar - I+D+ti bySantiPerez; un obradoiro para a innovación, elaboración e consumo de produtos do mar.
O diccionario da Real Academia Galega define “obradoiro” o lugar onde realizan o seu traballo os artesáns, así como seminario para a aprendizaxe práctica dunha actividade creativa, e é xusto iso o que Santiago Pérez persegue con este proxecto; dar un paso máis alá e realizar o seu traballo de artesano dun xeito artesanal, apostando pola creatividade e a innovación e compartindo o seu coñecemento.
Trátase dun establecemento cun centro de tratamento e venta de produtos extraídos do mar, entendendo por éstes, a calquera forma de vida mariña que poida ser considerada alimento para os humanos (principalmente mariscos, peixes e plantas mariñas).
Santiago Pérez TRANSFORMARÁ OS PROPIOS PRODUTOS QUE ÉL EXTRAE COMO MARIÑEIRO E PARA OS CALES CONTA CON TODOS OS PERMISOS NECESARIOS; trátase dun novedoso proxecto vinculado á pesca costeira artesanal.
Empregaranse fundamentalmente os productos obtidos polo propietario e recibiranse tamén produtos do mar provenientes dos distintos provedores locais. Na sala de procesado, desenvolverase un labor de experimentación e innovación coa materia prima, tratando de buscar novos sabores e novas formas de preparación dos produtos mariños que dean unha evolución á cociña tradicional da zona; crear novos productos cos recursos pesqueiros provenientes da pesca artesanal. Contribuirá ademáis a mellorar e ofrecer una excelente trazabilidade dos productos. O procesado será sempre natural, sen añadir sustancias químicas de ningún tipo.
As principais materias primas serán percebe, polbo, camarón, nécora, algas e peixe da costa.
Unha das teimas fundamentales do promotor é a sostenibilidade e a economía circular e de aproveitamento, un dos motivos polos casi se decidiu a emprender. Os peixes e mariscos mais demandados obtidos polos traballadores do sector do mar locais adoitan venderse exclusivamente fresco, sen ningún tipo de tratamento nin valor engadido. Coa creación de novos productos derivados do percebe, nécora, peixe, etc… crearanse novos productos que achegan valor engadido ás materias primas; moi especialmente ás de pequeño tamaño, de menor demanda e habitualmente máis baratas ou aqueles que pola súa morfoloxía non sexan aptos para a súa comercialización. Utilizaranse os descartes para a elaboración de novos platos (a auga de coción para caldos e fumets, os restos de carne aproveitable para elaboración de patés…), contribuindo deste xeito tamén á economía azul, diversificando o sector pesqueiro cara a outras actividades que contribúan a diminuir o esforzo pesqueiro e a actividades de diversificación dentro do propio sector.
Experimentará tamén para a elaboración de productos veganos, sobre todo empregando como materia prima as algas mariñas. Santiago busca, con este proxecto aumentar o valor dos produtos do mar e valorizar os recursos infravalorados (sobre todo aproveitando os descartes). Busca tamén poñer en valor, promocionar e potenciar o produto e a gastronomía local e realizar accións de promoción e sensibilización así como accións de exaltación e valorización dos recursos do mar, por iso se establece como unha das accións principais do proxecto un punto de venta dos produtos lanzados co Galp Costa da Morte.
O local no cal se ubica o proxecto está situado na planta baixa do edificio sito en Rúa José María del Río Nº 48, no término municipal de Muxía, provincia de A Coruña.
Contará con dúas zonas perfectamente diferenciadas:
Zona de público:
- Zona degustación
- Aseos
- Zaguán
Zona para o personal
-  Mostrador
- Cociña
- Sala de procesado
- Almacén

Datos xerais
Acrónimo: 
AbruMar
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
SANTIAGO PEREZ HAZ
Datos de interese: 
percebeiro
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
A Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
15/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Muxía

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
381.074,77
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
288.491,22
Total axuda pública aprobada (€): 
266.854,38
% Subvención: 
92,5
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
186.798,07
FEMP (%): 
70
CA (€): 
80.056,31
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
0,25
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Creación de novos productos cos recursos provenientes da pesca artesanal extraídos directamente polo promotor e incorporación de procesados que nos permitan dar valor engadido aos nosos productos e reutilizar o que actualmente consideramos residuo; dar un valor engadido a un produto de pouco valor e promoción da diversificación dos nosos productos. 
Contribuir á sostenibilidade do ecosistema marino e fomentar a economía azul no territorio do Galp Costa da Morte
Innovación na transformación dos produtos da pesca e investigación aplicando a creatividade no desenvolvemento de novas formas de preparación. Mellora da trazabilidade dos produtos.
Mellorar a competitividade e o resultado económico do promotor mediante o reforzó da comercialización dos seus productos do mar de alta calidade
Consolidar a competitividade e viabilidade do sector de la pesca do territorio GALP 
Potenciar a gastronomía local
Valorizar os productos do mar e xerar riqueza na zona fomentando a súa venta

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O principal resultado esperado é a posta en marcha do proxecto AbruMar - I+D+ti bySantiPerez; un obradoiro para a innovación, elaboración e consumo de produtos do mar.
A creación de novos productos cos recursos pesqueiros provenientes da pesca artesanal. 
A utilización dos descartes para a elaboración de novos platos, contribuindo á sostenibilidade e á economía azul, diversificando o sector pesqueiro cara a outras actividades que contribúan a diminuir o esforzo pesqueiro e a actividades de diversificación dentro do propio sector.
Diversificar e consolidar a actividade relacionada co sector do mar do promotor.

Principais actividades do proxecto: 

Este proxecto de pesca costeira artesanal pretende a creación dun establecemento cun centro de tratamento, procesado e venta de productos extraídos do mar directamente polo promotor; un mariñeiro que transformará os produtos extraídos directamente por él do mar, dando así un valor engadido á actividade mariñeira.
Na sala de procesado, desenvolverase un labor de experimentación e innovación coa materia prima, tratando de buscar novos sabores e novas formas de preparación dos produtos mariños que dean unha evolución á cociña tradicional da zona; crear novos productos cos recursos pesqueiros provenientes da pesca artesanal. 
O procesado dos productos do mar xera unha cantidade importante de residuos que  seguirían tendo valor se se destinasen a outros usos. Durante o procesamento, Santiago aproveitará estes descartes para xerar unha liña de negocio que sexa rentable o mesmo tempo que mellore a sustentabilidade do negocio e reduza o impacto medioambiental.
Experimentará tamén para a elaboración de productos veganos, sobre todo empregando como materia prima as algas mariñas. 
Buscarase tamén poñer en valor, promocionar e potenciar o produto e a gastronomía local e realizar accións de sensibilización dirixidas directamente á cidadanía, así como acción de exaltación e valorización dos recursos do mar. 
Realizarase un portal web con tenda on line para a promoción do obradoiro que proporcionará a opción de venta dos produtos e realizará accións de sensibilización e promoción.

Dun xeito moi especial, toda a unidade familiar apoiará o proxecto. O promotor contará coa súa cónxuxe e os seus fillos que colaborarán na posta en marcha do local, a transformación dos produtos e venta final das diferentes liñas de negocio. Ademais, todos eles proverán de recursos e materia prima ao proxecto.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO  1 Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Mantemento da actividade vinculada co mar e incremento do valor engadido dos produtos pesqueiros 

 1.2. Promover a incorporación das persoas mozas e mellora da capacitación do sector marítimo-pesqueiro. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)