Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Encontros dinamizadores nas confrarías

Durante esta semana imos a ter diferentes encontros dinamizadores coas confrarías da Costa da Morte. Queremos animar á presentación de proxectos por parte do sector pesqueiro na próxima convocatoria do programa de axudas, que remata o 1 de marzo de 2020.

Hoxe reunirémonos coas Confrarías Caión (17 horas), Muxía (18 horas) e tamén coa Agrupación de mariscadoras de Baldaio (19 horas). Mañá será o turno das Confrarías de Laxe (17 horas), Confraría de Malpica (17:30) e tamén coa Asociación de Redeiras O Fieital de Malpica. Mércores visitaremos Camelle e Camariñas.

Estas reunións son abertas á xente do sector, e pretenden escoitar as súas principais necesidades, de cara a ver como se poden transformar as mesmas en proxectos financiables polo programa de axudas que xestiona o GALP Costa da Morte.

As principais liñas que imos a abordar queren centrar o esforzo en proxectos que impliquen unha posta en valor dos recursos pesqueiros e os produtos do mar actuando en factores como: a introducción de marcas comerciais, melloras na trazabilidade e o etiquetado dos produtos, accións de revalorización no proceso produtivo ou a elaboración de novos produtos alimentarios transformados, entre outras.

Tamén se pretende poñer o foco en melloras no ámbito da comercialización, reforzando o consumo de proximidade, o establecemento de acordos comerciais entre produtores e comercializadores, ou a realización de accións promocionais.

No marco deste proceso realizaremos ao longo do mes de decembro unas Xornadas para seguir traballando no impulso de proxectos, para o cal traeremos experiencias referentes doutras zonas costeiras.

Calquera idea ou proxecto que poña en valor ao sector pesqueiro é prioritario para nós, polo cal, animámoste a que participes nos eventos ou te informes no GALP Costa da Morte.