venres, 24 de Marzo de 2017 - 02:03

O Galp Costa da Morte foi invitado a participar no seminario organizado por FARNET " A inclusión social, motor de dinamismo para as comunidades pesqueiras" celebrado do 21 o 23 de marzo en Letonia.
Neste seminario, O Galp Costa da Morte realizou unha presentación de proxectos relacionados ca diversificación e co papel das mulleres do mar en relación co turismo, a creación de novas actividades e a toma de iniciativas de cara a elaborar e desenvolver novos proxectos. A presentación versou sobre a adquisisción de capacidades das mulleres e a súa iniciativa para desenvolver iniciativas turísticas ligadas o mar e os produtos do mar.