
Creación de restaurante na Rúa Rosalía de Castro, a escasos metros da praia de Laxe, con cociña á vista do cliente, baseada nos produtos do mar, accesible para persoas con diversidade funcional. Compromiso creación de 4 empregos a tempo completo, mínimo 1 de familia mariñeira. Capacidade de 153 prazas distribuidas: 98 en restaurante, 38 na zona desgustación e cafetería e 17 na zona de terraza.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Posta en marcha dun establecemento de hostalería, que aspira a converterse nunha peza clave na promoción dos produtos pesqueiros e marisqueiros da comarca e de fomentar os valores nutricionais da dieta atlántica durante as catro estacións. “Mar de Laxe” establecerá sinerxias de colaboración que contribuirán á revitalización dos sectores pesqueiro e marisqueiro.
Creación de Restaurante con capacidade para 153 persoas.
Creación 4 empregos a xornada completa todo o ano, 3 con contratación indefinida.
Diversificación dos ingresos e actividade económica da empresa, eminentemente orientada á industria da alimentación
1- O Restaurante Mar de Laxe reunirá as características propias do concepto mariñeiro, incluíndo menús históricos recuperados fielmente de receitas antigas, mantendo un compromiso coa produción diaria do porto local.
Ese concepto mariñeiro reforzarase en todos os aspectos: na decoración do establecemento, na vestimenta do persoal ou mesmo na introdución de actuacións de música mariñeira como parte do menú das fines de semana.
2.- Situado a escasos metros do porto e da lonxa da localidade, realizaranse diversas visitas guiadas cos clientes a ambas instalacións co propósito de que coñezan de preto e de primeira man a orixe, compra e traslado da materia prima ata os fogóns onde se cociña para eles/as. Deste xeito, os clientes converteranse en testemuñas directas dun proceso que habitualmente non teñen a ocasión de presenciar ademais de vivir unha experiencia novidosa, divertida e diferente. Do que se trata é de crear oportunidades que axuden a diversificar a actividade do sector pesqueiro e marisqueiro, promovendo, por exemplo, que os clientes teñan a oportunidade de vivir a experiencia do mar ou de participar en obradoiros que abranguen dende a limpeza do peixe ata a experiencias de alta cociña.
3.- Espazo libre de barreiras arquitectónicas, inclusivo e integrador coas persoas con diversidade funcional . Un lugar onde todos e todas teñan cabida en igualdade e condicións.
Os accesos e percorridos interiores e exteriores serán accesibles, aseos e mobiliario adaptados, carta-menú en braille, acústica axeitada, simboloxía externa e interna accesible e persoal con formación específica na atención a clientes con capacidades (e necesidades) diferentes.
2. Competitividade Sostible das actividades relacionadas co Mar
2.2. Compatibilización do aproveitamento dos elementos medioambientais e patrimoniais para a diversificación |
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)