Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Seminario de comunicación e divulgación científica

Se estas interesado na Comunicación e Divulgación Científica, traballas nunha institución que poña en valor os recursos culturais ligados o #PatrimonioMarítimo dalgún territorio localizado nos #GALP atlánticos europeos, podes apuntarte o Seminario de Comunicación e Divulgación Científica promovido no marco do proxecto #PasaporteRema.
O seminario realizarase en formato on line a través da plataforma Zoom o próximo venres 27 de novembro de 10:00 h as 13:00 h.
Este Seminario estará impartido por Eduardo Rolland Etchevers Xornalista, guionista e escritor e Manuel Rey Pan redactor en GCiencia. As temáticas que abordaran serán as seguintes:
• Información vs divulgación científica
• Panorama de medios de comunicación en Galicia para ciencia e museos: prensa, radio, televisión e dixitais.
• Panorama en España de medios de comunicación en cultura científica
• A práctica da comunicación
Interesados poden solicitar o enlace a Zoom, indicado a institución que representan e a súa localización xeográfica, na seguinte dirección de mail: info@redrema.eu