Este proxecto ten como finalidade a realización dun documental audiovisual sobre os valores ambientais, culturais e históricos da Mariña sadense, cun enfoque divulgativo e educativo. A través dunha peza de aproximadamente 20 minutos de duración, preténdese poñer en valor o litoral de Sada, a súa biodiversidade mariña, os hábitats naturais, o patrimonio mariñeiro, así como os retos que afronta o territorio en termos de sostibilidade e conservación.
O documental servirá como ferramenta para conferencias, coloquios e charlas en centros educativos, culturais e profesionais da contorna, e será complementado con versións adaptadas a distintos formatos dixitais para a súa difusión a través das redes sociais. Esta estratexia permitirá chegar a públicos diversos —locais e visitantes, xuventude e poboación adulta— favorecendo unha mensaxe transversal de sensibilización ambiental, promoción da economía azul, posta en valor do produto local e orgullo polo legado mariñeiro. O proxecto busca, en definitiva, fortalecer a conexión co territorio e contribuír a unha maior conciencia colectiva sobre a necesidade de preservar e respectar o noso entorno mariño.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Promover o coñecemento dos valores ambientais da Mariña sadense, poñendo en valor a súa biodiversidade, ecosistemas e recursos naturais.
-
Difundir o patrimonio cultural e mariñeiro, reforzando a identidade local e o respecto polas tradicións vinculadas ao mar.
-
Sensibilizar sobre as ameazas ambientais actuais (contaminación, perda de hábitats, cambio climático) e a necesidade dunha xestión sostible.
-
Contribuír á educación ambiental e mariñeira a través de materiais audiovisuais de uso en contextos formativos e divulgativos.
-
Fomentar a conciencia social sobre o potencial da economía azul e o consumo de proximidade como base para un futuro sostible no territorio.
-
Creación dun documental audiovisual divulgativo de 20 minutos, con versións adaptadas para diferentes plataformas dixitais.
-
Mellora do coñecemento local sobre o patrimonio ambiental e cultural da Mariña sadense.
-
Sensibilización da poboación local, especialmente das xeracións máis novas, sobre a importancia da conservación mariña.
-
Maior visibilidade dos recursos naturais, históricos e pesqueiros do territorio.
-
Fortalecemento da percepción da ría de Sada como espazo valioso e necesitado de protección.
-
Impulso ao turismo sostible e ao interese pola identidade mariñeira da zona.
-
Desenvolvemento e redacción do guión do documental.
-
Gravación de imaxes de fauna, flora, paisaxe terrestre e mariña, así como de entrevistas e tomas aéreas con dron.
-
Edición de vídeo e son en calidade profesional 4K.
-
Producción dunha versión principal do documental (15-20 minutos) e adaptacións curtas en formato “pílulas” para redes sociais.
-
Accións de presentación do vídeo en centros culturais e educativos, acompañadas de conferencias e coloquios.
-
Difusión en liña a través de redes sociais, páxinas web e canles dixitais.
-
Realización dunha xornada pública de estrea e difusión do proxecto.
Obxectivo estratéxico 3: Impulso e aproveitamento do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
Obxectivo específico 3.1: Conseguir un sector pesqueiro máis resiliente, a través de prácticas profesionais sostibles.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

