
O principal obxectivo deste proxecto, promovido polo Concello de Cabanas, é conxugar un servizo público vencellado á protección do medio ambiente mariño, para poñer en valor e seguir dando a coñecer a actividade pesqueira e a cultura mariñeira deste Concello, colaborando na posta en marcha de infraestruturas e medios que incidan na contención do cambio climático. Esta iniciativa contempla que as xentes do mar de Cabanas poidan transmitir o seu coñecemento sobre o mar ao resto da poboación e ás persoas que se acheguen a esta vila, ben sexa en primeira persoa ou por medio das novas tecnoloxías de musealización e canalizar estes coñecementos para axudar a revalorizar o ecosistema mariño. Toda a información obtido será recollida nos contidos do novo Centro de Interpretación do Medio Mariño que se construirá en Cabanas con esta axuda, nas fichas didácticas apra escolares, nos folletos de difusión, na web e redes sociais do proxecto e nas diferentes accións de difusión que se prevén realizar para valorizar o noso medio e así os produtos da ría. As redeiras, os mariñeiros e a xente do marisqueo, participarán en diferentes accións formativas e de divulgación que apoiarán todo este proxecto de creación do espazo físico do CIMM.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
A posta en marcha dun Centro de Interpretación do Medio Mariño en Cabanas como un espazo de referencia para o coñecemento do medio, con contidos e información actualizada.
Concienciar aos profesionais do mar e á poboación en xeral sobre o aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental do noso mar e a necesidade de coidalo e preservalo. Nestes tempos en que o cambio climático é evidente, é fundamental informar sobre as ameazas que ten o noso mar por medio do coñecemento mariño e da cultura mariñeira pola nosa xente do mar e pola poboación.
Chegar á xente máis nova por medio de material adecuado a ela con accións de dinamización nas que se contará co apoio das xentes do mar para difundir a cultura mariñeira, tales como mariñeiros, redeiras, mariscadoras....
Crear soportes de comunicación e divulgación tecnolóxica propios para poder levar a mensaxe máis aló do espazo físico e realizar accións sobre as mesmas.
Creación na praia do Areal do Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM Cabanas), apoiándoo con diferentes accións e contidos didácticos dirixidos a escolares, ás familias do mar e á poboación en xeral.
Posta en valor do Concello de Cabanas e a súa costa, como un lugar de referencia para coñecer o medio mariño da ría.
Recuperar e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial da zona
Impliación das xentes do mar no proxecto en todas as accións de divulgación e formación.
Creacion de materiais (unidades didácticas) para a xente nova para dar a coñecer o medio ambiente e o cambio climático na zona costeira.
Creación da imaxe CIMM de Cabanas
Montaxe e dinamización do Centro de Interpretación CIMM de Cabanas (unidade didáctica, acción dinamización, exposición itinerante)
Creación e deseño páxina web do CIMM de Cabanas
Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Loita contra o cambio climático e os seus efectos
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)